Skip to Content

Portugués

Departamento de Portugués. Curso 23-24

A composición do departamento de portugués do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Martínez Pedreiro, Xosé  (xefe de departamento)

 

 

Obradoiro de portugués

Alumnado de 3º ESO participou  esta mañá nun obradoiro de portugués.

Este obradoiro mostra a vantaxe que representa a nosa lingua porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral.

Visita ao departamento de portugués da EOI

Alumnado de portugués de 2º e 3º da ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a EOI de Lugo onde foron recibidos polo Departamento de portugués.

Explicáronnos o funcionamento da  escola, realizamos diferentes actividades como un Kahoot sobre música brasileira e un ditado-carreira ao aire libre.

 

Tamén nos convidaron a bica e algúns alumnos recibiron pequenos premios.

 

 

Revolución dos caraveis

Alumnado  de 1º da ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes con caraveis  nas mans, feitos por eles, conmemorando o 25 de Abril, dia en que acabou a ditadura mais longa da Europa occidental no século XX.

 

Obradoiro: OPS! o portugués simples

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou no obradoiro de portugués, OPS! o portugués simples.

 A finalidade deste obradoiro é mostrar a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral.

Este obradoiro foi concedido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo

Visita de alumnado de Aveiro

Hoxe recibimos a visita de alumnado do Agrupamento de Escolas de Vagos, Aveiro, Portugal.

Alumnado de portugués do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ensinoulles  o noso centro e acompañounos facendo de guías pola cidade de Lugo

Visitaron a muralla, a catedral, o casco histórico, o Domus do Mitreo, o Vello Cárcere e a sala de exposcións Porta Miñá.

  

 

Visita a Vila Nova de Cerveira, Portugal.

Alumnado de portugués do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou Vilanova de Cerveira, Portugal.

Alí visitaron o centro histórico, o acuamuseo do Rio Miño, a Bienal de arte...

Aproveitaron para practicar o portugués e pasar un día inesquecible.

Distribuir contido


by Dr. Radut