27 de maio: O noso grupo de cuarto de Alemán desprazado a Leipzig fixo unha visita por Berlín, onde puideron coñecer algúns dos lugares máis icónicos da capital xermana.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/leipzig%2024.jpg)
24 de maio: o noso grupo de cuarto de ESO de Alemán desprazouse a Dresden e traballando en parellas, presentaron os monumentos máis importantes da cidade.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Dresden%2024.jpg)
23 de maio: O noso alumnado desprazado a Leipzig, despois da recepción oficial por parte do director, fixeron unha visita pola cidade, guiados polo alumnado xermano.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Leipzig%2024%20%281%29.jpg)
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Leipzig%2024%20%282%29.jpg)
22 de maio: Alumnado de cuarto de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou no día de hoxe a Leipzig, Alemania.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Leipzig%2024.jpg)
Estarán por terras xermanas ata o próximo mércores 29 de maio. Iremos informando.