Skip to Content

Relixión

Departamento de Relixión. Curso 23-24

A composición do departamento de relixión do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Vázquez Vázquez, M.ª Aurelia (xefa de departamento)

Blog do departamento

Visita do CPI de Sadurniño de Ferrol.

Alumnado de 2º de ESO da materia de Relixiòn, que participa no Proxecto Redeiras, acolleu hoxe a compañeiros do CPI de Sadurniño de Ferrol.

Despois de darlles a benvida na entrada, os nosos alumnos fixeron unha presentación de Lugo e guiáronos pola cidade visitando a catedral e dando un paseo pola muralla, explicando diferentes edificios e lugares destacados.

Gozaron dunha xornada de confraternización despois de traballar xuntos durante o curso diferentes temas.

Charla: Prevención do suicidio

Alumnado de 3º da ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou nunha sesión sobre prevención do suicidio.

Integrantes do Proxecto Zoé de Diaconía, falaron dos impactantes datos na taxa de suicidio en mozos e adultos así como de mitos, realidades e estratexias a seguir para a prevención.

Charla coa misioneira Mª José López

Alumnado de 3º,  4º e 1º de BAC, matriculado en Relixión, asistiron a unha charla coa misioneira Mª José Lòpez que actualmente está en Nicaragua.

Explicou como a crise medioambiental está afectando a millòns de personas, sobre todo do Sur global, perxudicando  dereitos tan básicos como o dereito á alimentación, a auga potable, á saúde, a unha vida digna, a un entorno saudable… xerando unha gran inxusticia climática.

XV Concurso de Tarxetas de Nadal

Falláronse os premios do XV Concurso de Tarxetas de Nadal de La Voz de la Verdad que outorgou o Segundo Premio a Roi Carreira Paradela de 2º de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Tamén os Diplomas a Aurora Rodríguez Vilariño, Sabela Rojo Medina e Miguel Ángel Castro Lorenzo de 4º de ESO. Todos eles alumnos do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes. Parabéns!

Concurso de Belenes

A Asociación de Belenistas da Cidade de Lugo concedeu o segundo premio do concurso de belenes ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

 

Entrega de alimentos ao Comedor de San Froilán

Alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes fixo entrega da recollida de alimentos non perecedoiros ao Comedor de San Froilan.

Unha iniciativa na que colaborou toda a Comunidade Educativa do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Grazas a todos.

Itinerario belenístico

Alumnado de 1º e 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes fixo un itinerario visitando distintos beléns da cidade.

Esta actividade estivo organizada polo departamento de relixión.

Actividade Intercentros Mérida-Sevilla

Alumnado de 1º e 2° de BAC do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participa na actividade Intercentros Mérida-Sevilla organizada polo departamento de Relixiòn

No primeiro día de viaxe visitando o teatro e anfiteatro en Mérida

Xa en Sevilla visitando Reales Alcázares, Catedral de Sevilla e Barrio da Xudería

 

Visita á Catedral

Alumnado de 4º da ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a catedral de Lugo, o museo catedralicio e as torres.

Distribuir contido


by Dr. Radut