Alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiron á representación da obra de teatro "I spy" no Auditorio Gustavo Freire.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/tEATRO%20I%20SPY%20%282%29.jpg)
A actividade, organizada polo departamento de Inglés, e promovida por Afundación, obra social Abanca, consistiu na asistencia á obra ‘I Spy’, integramente en inglés, un teatro participativo no que James Blob, axente 003 1/2, ten como misión combater as accións da malvada Dra Z no seu intento por dominar o mundo.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/tEATRO%20I%20SPY%20%284%29.jpg)