Skip to Content

3º trimestre

O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes gañador do XV Parlamento Xove

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes,  foi o  gañador da XV edición do Parlamento Xove na categoría da ESO. Pero non soamente iso, volvérono facer: é que no mesmo curso académico gañaron o Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), organizado pola Fundación Barrié.

  Igualmente, o equipo de Bacharelato conseguiu participar na fase final do Parlamento Xove.

Parabéns!

Grupo de Teatro do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes

No IES Nosa Sra dos Ollos Grandes puxemos punto e final ao período lectivo cunha actuación do Grupo de Teatro do IES Ollos Grandes

O día 20 de xuño, o club de teatro do noso IES presentou dúas actuacións no instituto "Divino Maestro" de Lugo. A primeira obra, "Memorias de Nunca Jamás", realizada por alumnos de 2º da ESO, transportou ao público ao misterioso mundo de Peter Pan. A segunda peza, "Máis alá das ondas", a cargo do alumnado de 3º da ESO, foi escrita e dirixida pola nosa alumna Noa Álvarez de 1º de bacharelato. Ao día seguinte, no propio “Ollos Grandes”, as obras brillaron de novo, consolidando o seu éxito.

Visita á Exposición A Sutil Arte da Tipografía

Un grupo de alumnos de 2º de ESO do IES Nosa Sra Dos Ollos Grandes, visitou a exposición:  A Sutil Arte da Tipografía,  na Biblioteca Pública e tivo a oportunidade de ver un libro de medicina do século XVI.

Campamento multiaventura

Os días 28, 29 e 30 de maio o alumnado de 3 ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes está disfrutando en Vilanova de Arousa de distintos xogos e actividades deportivas na praia das Sinas: kaiak, paddle surf xigante,… acompañados dos seus profesores: Aitor, Adrián, María e Noemí.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva coordinado polo Departamento de Educación Física.

Graduación 2º BAC 2024

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrou o acto de graduación o mércores 15 de maio no Auditorio Gustavo Freire.

O acto contou con discursos do profesorado, do alumnado, a actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e tamén coa actuación do alumado.

Foi un acto moi emotivo!

 
Desexámoslles o mellor na nova etapa que agora inician. Moita sorte!!
 

Regueifando en igualdade

Onte contamos coa presenza no centro da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e máis a Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, María Luisa Castro, que nos viñeron presentar o obradoiro "Regueifando en igualdade".

Nel a regueifeira Guadalupe Blanco amosou ao alumnado participante como a través deste xénero da nosa música popular se poden defender valores básicos da nosa sociedade, como son o respecto e a igualdade.

E como en algo menos de dúas horas se pode acabar saíndo ao escenario para que cada grupo cante as súas propias creacións. Música, tradición, lingua e cultura, loitando xuntas a prol da igualdade de xénero

 

 

Encontro interxeracional Falemos de emigración

O alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu ao segundo encontro do programa interxeracional Falemos de emigración no que colabora Afundación.

Excursión a Madrid

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou a Madrid para visitar a cidade.

 

Excursión a Barcelona

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou a Barcelona para visitar e coñecer a cidade.

A medio camiño fixeron unha parada en Zaragoza para percorrer a cidade e terminar visitando a Basílica do Pilar.

Acto de entrega de Matrículas de Honra ESO

Hoxe, 29 de xuño, no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, celebrouse o acto de entrega de diplomas acreditativos da matrícula de honra aos mellores expedientes na  ESO 2023

Parabéns a Carmen, Alicia, Mencía, Sabela e Laura

Distribuir contido


by Dr. Radut