Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pechou o San Froilán coa asistencia á actividade: VII Cultura e tradición no Camiño que a asociación Traxandaina organiza, por estas datas, no Centro Cultural O Vello Cárcere.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Cult%20e%20trad%20no%20cami%C3%B1o%20%283%29.jpg)
Demostracións de Talla de cabazas, confección de San Cosmeiros e sombrereiría nas que o noso alumnado participou moi activamente, tanto escoitando como realizando traballos nas tres modalidades, e cuxos artesáns e artesás teñen como punto común como nos comentaba Teresa Astorgano, de Traxandaina: Fan todo o proceso desde o inicio e de xeito artesanal, sementan, recollen e procesan no caso dos Sancosmeiros e cabazas ou procuran material de moi boa calidade como pelo de coello no caso dos sombreiros.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Cult%20e%20trad%20no%20cami%C3%B1o%20%282%29.jpg)
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Cult%20e%20trad%20no%20cami%C3%B1o%20%281%29.jpg)
Ademais o artesán Blas Piñar agasallounos cunha lámpada, no deseño da cal participou o noso alumnado.