Skip to Content

Física e química

Departamento de Física e Química. Curso 2022-2023

A composición do departamento de física e química do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2022-2023 é a seguinte:

  • Otero Rodríguez, Esther (xefa de departamento)
  • López Piñeiro, Ana María 
  • Piñeiro Arias, Rosa Ana
  • Moares Rial, María

Masterclass de Física de Partículas

Alumnado da asignatura de  Física de 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu a unha "Masterclass de Física de Partículas" celebrada en Santiago de Compostela.

A actividade estivo organizada polo  Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi).

 

A actividade consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual impartidas por físicos que desenvolven proxectos neste campo, e na realización dunha práctica en grupos para a determinación de distintas partículas, cuxos resultados foron postos en común e discutidos posteriormente mediante unha videoconferencia con outros centros europeos que organizaron unha xornada similar, e na que participaron varios físicos europeos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut