Skip to Content

ANPA

ANPA IES Nosa Señora dos Ollos Grandes - Constitución da nova xunta directiva

A configuración da nova xunta directiva da ANPA do centro, trala reunión do pasado decembro, queda como segue:

Xunta directiva:

Presidenta:

Dª. Berta Villamor Catoira

Vicepresidenta:

Dª. Marta Novo Rosario

Secretaria:

Dª. Nahir Barral Puga

Tesoureira:

Dª. Mª Dolores Vila Corbeira

Vocais:

Dª. Fátima Estúa García

Dª. Susana Fernández López

D. Manuel Jesús Serrano Pérez

Horario e lugar de reunión:

A ANPA celebra as súas reunións os primeiros luns de cada mes, ás 19.30, na sala de xuntas do instituto (planta baixa). En caso de ser festivo a reunión trasládase ao luns seguinte.

As reunións están abertas todas as nais e pais. Se teñen algunha dúbida ou queren facer algunha consulta, poden deixar as súas suxerencias no buzón da ANPA (xunto a oficinas).

Asóciate e contribúe a facer unha ANPA forte facendo o teu ingreso da cota familiar (12€) na conta de Banco Santander ES86 0049 6717 6322 9006 6185, indicando o nome do alumno e o curso no que está matriculado.

Calquer dúbida ou consulta que teñas a ben facer, pódela dirixir ao correo electrónico da asociación:


anpaiesollosgrandes@gmail.com

Charlas informativas para as familias

Adxuntamos información da charla que será impartida por Dª. Laura Pardeiro coa temática "Educando hoxe ás persoas de mañá". 

Será o vindeiro xoves 13 de maio, as 20:15 horas pola plataforma zoom.
 
Interesados enviar correo electrónico indicando nome e apelidos e solicitando o enlace da conexión a: anpaiesollosgrandes@gmail.com
 
 

 

Adxuntamos tamén información sobre o seminario online e gratuito "Problemas de aprendizaxe e desenvolvemento motor. Qué nos une?" impartido por Fapacel coa colaboración do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. 

Será o Sábado 22 de maio de 21:30 a 23:30

 


 
Agardamos que sexan do voso interés.

Charla sobre hábitos de estudio

Interesados enviar correo electrónico á anpaiesollosgrandes@gmail.com, indicando nome e apelidos.

Nesta charla analizamos de maneira práctica como  instaurar bos hábitos de estudo no fogar. Abordamos tanto a instauración de bos hábitos no estudo como a eliminación dos malos hábitos e ensinámosvos ás familias como abordar os problemas máis habituais que nos atopamos ao instaurar un estudo eficaz no fogar.

Debemos ter en conta ademais que a instauración de bos hábitos de estudo é beneficiosa non só para mellorar as notas académicas senón tamén para mellorar a autoestima dos nenos, a súa confianza e a súa actitude cara aos estudos e o resto de responsabilidades.

Propoñémosvos varios trucos e formas prácticas de abordar o estudo desde casa e ao final do curso resolveremos dúbidas específicas de como abordar un correcto hábito de estudo. É un curso moi realista que vos expón situacións do día a día e que nos axudará a establecer correctos hábitos á hora de estudar en casa.

O  link para asistir, con  Skype, non fai falta inscribirse, enviarase ós interesados que se inscriban no correo anpaiesollosgrandes@gmail.com.

Reunión ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes: xoves 17 de outubro, as 18:00 horas

A Asociación de Nais e Pais, coa colaboración da Dirección do Centro, invítavos a unha
reunión coa actual Equipa directiva para falar deste novo curso escolar que xa comezou.
Poderedes preguntar e plantexar todas aquelas cuestións, necesidades e ideas para desenrolar
que sexan do voso interese e informarvos dos proxectos para este novo curso escolar.
A reunión terá lugar no Salón de Actos do Centro (este salón esta no segundo andar), o vindeiro
día 17 de outubro, xoves, ás seis da tarde.

Lembra: xoves 17 de outubro, as 18:00 horas no Salón de Actos do instituto do teu fillo/a.

Acto seguido, as 18:30 h. en primeira convocatoria, e ás 19:00 h. e en segunda convocatoria, a Xunta directiva da ANPA, convoca unha ASAMBLEA ORDINARIA coa seguinte orde do día:
 Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior
 Actividades realizadas no curso anterior
 Estado de contas e aprobación das mesmas.
 Acto de Graduación de 2º de Bac.
 Continuidade de Obradoiros para as familias.
 Plan xeral de actuación da Asociación
 Rogos e preguntas.

Despois, acorde cos Estatutos da Asociación, celebrarase a ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para renovar a Xunta Directiva da ANPA.

Esta reunión ten lugar só unha vez ao ano, e polo tanto, cumpre tamén a importante función de establecer contacto entre o centro, a ANPA e as nais e pais do alumnado do IES.
Prégase puntualidade e a maior asistencia posible

En Lugo a 8 de Outubro do 2019

A Presidenta da A.N.P.A.

(Se aínda non es socio/a, podes facelo ingresando 12 euros por familia na conta do Banco Santander, Nº ES86ES86ES86 -0049 -6717 -63226322 -9006 -6185 6185, ou na secretaria do centro, facendo constar o nome do alumno ou alumna e o curso.)
É moi importante aumentar o nº de socios da ANPA para que desde esta asociación se poda continuar e ampliar as actividades para as familias e coas que colaboramos habitualmente co Centro.

Achégase formulario de inscripción para entregar nas oficinas do centro

Grazas pola vosa colaboración

 

Mercadillo de libros e inscripción na ANPA

Un ano mais a Asociación de Nais e Pais (ANPA) do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, organiza o Mercadillo de libros para que as familias que o desexen poidan poñer á venda e adquirir libros de texto ou de lectura, usados e en bo estado.

Así mesmo a ANPA, que desenvolve un importante labor de apoio á función educativa do centro, solicita a inscripción de familias a fin de poder ampliar o abano de actividades organizadas para o conxunto da comunidade educativa e ter unha maior incidencia na actividade educativa do centro.

No documento adxunto podederedes atopar mais información destes  dous importantes aspectos da ANPA.

Asociación de Nais e Pais do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 2015-2016

Xunta directiva:

Presidente:

D. Ramón Fernández Varela

Vicepresidenta:

Dª. Aurora García-Boente Carro

Secretario:

D. Pablo González López

Tesoureiro:

D. José Miguel Rodríguez Pérez

Vocais:

Dª. Mª Mar Fernández Tovar

Dª. Paloma Bellver Moreira

Dª. Isabel Villamor Cabado

D. Matías Carnero López

Horario e lugar de reunión:

A ANPA celebra as súas reunións os primeiros luns de cada mes, ás 19.30, na sala de xuntas do instituto (planta baixa). En caso de ser festivo a reunión trasládase ao luns seguinte.

As reunións están abertas todas as nais e pais. Se teñen algunha dúbida ou queren facer algunha consulta, poden deixar as súas suxerencias no buzón da ANPA (xunto a oficinas).

Asóciate e contribúe a facer unha ANPA forte facendo o teu ingreso da cota familiar (12€) na conta de Banco Santander ES86 0049 6717 6322 9006 6185, indicando o nome do alumno e o curso no que está matriculado.

Distribuir contido


by Dr. Radut