Skip to Content

1º trimestre

Alumnado de Bacharelato Stem en Xenebra

Alumnado do Bacharelato Stem do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Xenebra, Suiza

Alí visitaron a sede de Nacións Unidas, o CERN e a cidade.

Festa de Nadal

A Agrupación de Música Tradicional do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes actuou diante do alumnado de  ESO poñendo fin ao primeiro trimestre nun día de festa e desexándonos Bo Nadal.

Mulleres Resistentes

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición Mulleres Resistentes no Vello Cárcere.

     

A mostra fai un percorrido pola loita que levaron a cabo as mulleres contra o fascismo.

Agrupación de música tradicional

A Agrupación de música tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes sigue ensaiando
Anímate a participar!

Charla. Nanotecnoloxía: Realidade ou ficción?

Alumnado de Bacharelato asistiu no Salón de actos do instituto a charla impartida polo profesor da área de Física da USC Francisco Fraga sobre a nanotecnoloxía.

A charla tratou de dar unha visión da aplicación da nanotecnoloxía nos diferentes sectores da sociedade. Fíxose fincapé nos retos de futuro, poñendo exemplos da súa aplicabilidade en áreas como en medicina, enxeñaría e alimentación.

Dita charla estuvo enmarcada dentro do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

 

25N

Poñamos fin á violencia contra as mulleres XA!

 

Ser nena non debe ser unha faena.

Baixo este lema, alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes quíxose sumar á iniciativa 25N

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pola eliminación da violencia contra as mulleres.

Elas tamén emprenden

O 19 de Novembro celebrouse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o día da Muller Emprendedora.

  

Alumnado de Economía de 2º de Bacharelato presentou no Salón de Actos o traballo Elas tamén emprenden. Un percorrido por coñecidas empresarias co que se pretendía visibilizar a muller emprendedora e contribuir ao empoderamento femenino.

   

Parabéns polo traballo feito!!

 

 

Visita á exposición Percorrer o Tempo

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición Percorrer o Tempo.

   

A mostra, enmarcada na programación do Xacobeo, ensina o Camiño de Santiago visto por distintos artistas e está organizada pola Xunta de Galicia, a Fundación La Caixa e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo. 

Na foto alumnos de 3º ESO

Coidando o medio ambiente

Alumnado de 1º de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, coidando do medio ambiente.

Alumnado de 1º de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, coordinados por alumnado de 1º de BAC,  xunto cos voluntarios de Coidemos Lugo, xuntáronse a tarde do luns 15 de novembro para limpar o patio do instituto, o Parque Rosalía de Castro e as Costas do Parque.

   

Actividade de Xadrez

Arrancaron nos recreos as actividades saudables, neste caso o Xadrez.

 Anímate a participar!!

Distribuir contido


by Dr. Radut