Skip to Content

Taboleiro

Mobilidades Erasmus+ para primeiro de BAC - convocatoria de setembro

De cara a completar as listaxes de participantes nas mobilidades que temos garantidas a día de hoxe para o curso 2024-25, procedemos a convocar as seguintes prazas na fase de setembro:

  • Noruega (xaneiro 2025) e Islandia (abril 2025): 1 praza para cada país.
  • Francia (abril de 2025): 6 prazas.

O alumnado participante nas mobilidades a Noruega e Islandia acollerá a un alumno/a destes países en outubro. O alumnado que participe na mobilidade a Francia acollerá a un alumno/a de Francia, Italia ou Lituania en febreiro

 

Alumnado que pode participar

O alumnado que pode optar a estas prazas nesta segunda fase da convocatoria é o alumnado de nova incorporación ao centro e o alumnado que quedou en lista de espera en maio.

 

Comité de selección

Para seleccionar ao alumnado participante nestas mobilidades haberá un comité de selección formado polo profesorado que organiza cada mobilidade xunto co coordinador de proxectos internacionais, Roberto Núñez Pena. No caso de que algún candidato/a sexa familiar dalgún membro do comité de selección, este último non participará na selección. 

 

Criterios de selección

Para poder baremar ao alumnado novo e ao antigo en igualdade de condicións, os criterios de selección estarán artellados da seguinte forma:

 

Mobilidades en Noruega e Islandia:

  1. Carta de motivación ao coordinador de proxectos internacionais, explicando os motivos polos que se quere participar e o que cada candidato/a pode aportar a un proxecto sobre patrimonio cultural: 10 puntos.
  2. Pertencer ao colectivo de alumnado con menos oprtunidades: ata 5 puntos.
  3. Media do expediente académico de cuarto de ESO: 10 puntos.
  4. Nota na materia de Lingua Estranxeira - Inglés en cuarto de ESO: 10 puntos.
  5. Cursar unha segunda lingua en primeiro de bacharelato: 2 puntos.

 

Mobilidade en Francia:

  1. Carta de motivación ao coordinador de proxectos internacionais, explicando os motivos polos que se quere participar e o que cada candidato/a pode aportar a un proxecto de investigación sobre carreiras profesionais: 10 puntos.
  2. Pertencer ao colectivo de alumnado con menos oprtunidades: ata 5 puntos.
  3. Media do expediente académico de cuarto de ESO: 10 puntos.
  4. Nota na materia de Historia en cuarto de ESO: 10 puntos.
  5. Cursar a materia de Economía en primeiro de bacharelato: 2 puntos.

 

 

Como participar

Para participar nesta fase do proceso de selección, deberán cumprimentar o formulario que se achega e entregalo ata o día 20 de setembro ás 14:30 na oficina administrativa do centro, xunto coa carta de motivación. É posible tamén achegar a documentación en dous documentos en formato pdf enviando un correo a iesollosgrandes.erasmus@gmail.com.

 

Prazo de alegacións

Unha vez publicada a resolución provisional desta fase na páxina web do centro, haberá tres días lectivos para presentar alegacións, en persoa ou a través do correo mencionado máis arriba. Unha vez resoltas, publicarase a resolución definitiva na páxina web do centro.

 

Presentación Curso 24/25 e composición grupos

No ficheiro adxunto pódese consultar a distribución de alumnado por grupo. A listaxe está anonimizada e publicada por orde crecente dos catro últimos díxitos do documento de identificación. Tamén se pode consultar en ABALAR.

As presentacións dos grupos para o curso 2024/25 van seguir os horarios e normas seguintes:

  •  O alumnado será chamado á entrada do instituto por orde de lista.
  • As clases empezarán o venres día 13

 

 

MERCORES 11

 
 

Mañá

     
 

2º ESO A e

2º ESO B

9:00

 
 

2º ESO C e

2º ESO D

10:00

 
 

1º ESO A e

1º ESO B

11:00

 
 

1º ESO C e

1º ESO D

12:00

 
 

1º ESO E

 

13:00

 
         
 

Tarde

     
 

3º ESO A e

3º ESO B

16:00

 
 

3º ESO C e

3º ESO D

17:00

 
 

4º ESO A e

4º ESO B

18:00

 
 

4º ESO C e

4º ESO D

19:00

 
         
 

XOVES 12

 
 

Mañá

     
 

1º BAC A e

1º BAC B

9:00

 
 

1º BAC C e

1º BAC D

10:00

 
 

1º BAC E e

1º BAC F

11:00

 
 

2º BAC A e

2º BAC B

12:00

 
 

2º BAC C e

2º BAC D

12:30

 
 

2º BAC E e

2º BAC F

13:00

 
         

Entrega matrículas de honra ESO 2024

A día de hoxe, no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, fíxose entrega das matrículas de honra para o alumnado da ESO 2024

Parabéns a Paula Gómez, Aurora Rodríguez, Mateo Méndez, Sabela Prado e María Castedo. 

 

Recoñecemento dos traballos de investigación STEMbach do curso 2023/24

Hoxe, martes 2 de xullo de 2024, no Museo Centro Gaias da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, celebruse o acto de Recoñecemento dos traballos de investigación do alumnado STEMbach do curso 2023/24

Noraboa a Laura e Duarte, alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, por estar entre os nove finalistas. Esto xa é un premio moi merecido polas horas de traballo e dedicación e a súa gran calidade.

 

Listado de libros de texto curso 24/25

Revisións e reclamacións

Premios Steam Ollos Grandes

Dous proxectos STEAM do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes foron seleccionados entre os nove mellores de Galicia.

Os traballos “ Estimación de sexo, idade e talla en restos óseos humanos”, de Laura Irea Sanjurjo e “ Materias constructivos e procesos de deterioro na Catedral de Lugo e a Capela do Carme en Lugo” de Duarte Guerreiro foron seleccionados, xunto con outros sete traballos máis de entre máis de 125 traballos.

Noraboa a Laura e Duarte. Un premio moi merecido polas horas de traballo e dedicación e a súa gran calidade.

Premios MEGABAU 2024

Os Premios MEGABAU é un evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia na ABAU 2024 e aos seus centros educativos. Os/as estudantes que teñan acadado unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade.

O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes quere felicitar aos 21 alumnos/as do centro que foron premiados en dita convocatoria. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut