Novas
Información sobre os libros de texto para o curso 2015/2016
Enviado por Secret. o 9 Xuño, 2015 - 08:16No curso 2015/2016, só se poderá solicitar a axuda económica para a adquisición dos libros de texto (cheque-libros ou vale-libros) para o alumnado que se matricule en 1º ou 3º da ESO (Pulse aquí para obter información sobre esta convocatoria).
A novidade este ano é que, para o alumnado que se matricule en 2º e 4º da ESO, os libros deberán solicitarse antes do 30 de xuño dun fondo solidario de libros que xestionarán os centros.Nesta circular detállanse as instrucións sobre esta cuestión. Pregamos que a lean con moita atención.
Campionato xadrez 2015
Enviado por Vicedirec. o 8 Xuño, 2015 - 11:36Nos vindeiros días terán lugar as partidas definitivas do campionato. Por un posto na final xogarán os alumnos: Martín Mato Búa e Marcos Lago Piso, ambos os dous de 2º bacharelato, e Adrián Ferreiro García e Anxo Ferreiro Lemos, ambos os dous de 1º de bacharelato. As partidas terán lugar nos recreos na sala de usos múltiples.
Visita do alumnado do CEIP Pérez Viondi.
Enviado por Vicedirec. o 2 Xuño, 2015 - 15:58O vindeiro xoves, 4 de xuño, visitaranos o alumnado de 6º de educación primaria do CEIP Pérez Viondi, para unha primeira toma de contacto coa realidade do noso centro. Os novos alumnos/as serán recibidos, na sala de usos múltiples, polo equipo directivo e a orientadora. Ao longo da mañá percorrerán distintas aulas e instalacións do centro.
Que sexan benvidos os nosos futuros alumnos/as de 1º da ESO!
Premios literarios
Enviado por Vicedirec. o 26 Maio, 2015 - 16:51A alumna de 3º ESO, Ainhoa Vivel, recibiu o premio Serán das Letras ao mellor relato na categoría de 15 a 18 anos. Así mesmo, na categoría de adultos, a profesora deste centro, Marisa Otero, obtivo o primeiro e segundo premios no mesmo certame literario. Parabén a ambas as dúas!
A FESTA DAS PALABRAS
Enviado por Vicedirec. o 25 Maio, 2015 - 16:09O xoves pasado presentouse no Concello perante os medios o libro A festa das palabras, que recolle os traballos galardoados no II Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos centros de ensino da Estrada, organizado polos seus equipos de normalización. Podedes acceder á noticia desde esta ligazón: FarodeVigo
A entrega de premios realizarase nun acto no Teatro Principal, o martes día 28, ás 20.30, ao que estades todos/as convidados/as. Participarán Fina Casalderrey e o cantautor Samuel Acuña.
Os/as alumnos/as premiados/as foron Nicolás Luna Puente, Uxía Prado Cerqueiro, Lucía Tilve García, María Rozados Balboa, Patricia Riveira Magán e Alba Mato Búa.
Finalistas do III Certame de Relato Curto
Enviado por Vicedirec. o 22 Maio, 2015 - 11:25O vindeiro xoves, 27 de maio, terá lugar en Pontevedra o fallo do xurado do III Certame de Relato Curto “ Nontedurmas”, convocado pola FANPA. Entre os finalistas están as seguintes alumnas do noso centro: Efi Prieto Campos (1º ESO), María González Blanco (2º ESO), Patricia Riveira Magán (2º ESO) e Alba Mato Búa (3º ESO). Parabéns as nosas xoves escritoras polo seu éxito!
Saída cultural de 1º bacharelato
Enviado por Vicedirec. o 15 Maio, 2015 - 09:45Alumnado de 1º de bacharelato, das materias de economía e historia do mundo contemporáneo, visitarán o vindeiro xoves, 21 de maio, as minas de Fontao no concello de Vila de Cruces e o mosteiro de Carboeiro no concello de Silleda. A actividade está organizada polo departamento de economía. Os alumnos/as asistentes estarán acompañados polas profesoras, Juana Lasheras e Ana Fernández.
Exposición do herbario de 1º ESO
Enviado por Vicedirec. o 13 Maio, 2015 - 11:10Na sala de usos múltiples do centro está exposto un herbario realizado polos alumnos/as de 1º ESO coordinado pola profesora Loli Castro dentro da materia de Ciencias Naturais. Na exposición podedes atopar follas de árbores de Galicia, follas de especies invasoras, de árbores froiteiras e de árbores e arbustos ornamentais.
A exposición estará aberta, a toda a comunidade educativa, durante os recreos do mércores 13 e xoves 14 deste mes de maio.
DELF
Enviado por Secret. o 7 Maio, 2015 - 09:51Hoxe xoves vai ter lugar no Centro a parte oral do exame "Diplôme Elementaire de Langue Française".
Boa sorte aos que se presentan.
Correlingua 2015
Enviado por Vicedirec. o 5 Maio, 2015 - 16:01O próximo venres, o alumnado de 1º da ESO e do grupo de PDC de 3º da ESO participará no Correlingua 2015 ("O galego, a nosa creación común"). A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas do vila xunto co alumnado doutros centros da comarca e nun concerto na Praza da Feira, que será presentado por Isabel Risco. A participación do noso centro está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura.
VI Copa Galicia Internacional de Trampolín
Enviado por Secret. o 27 Abril, 2015 - 10:08O xoves 23 de abril decenas de alumnos da Estrada puideron gozar das camas elásticas e demais esctructuras traídas para a celebración da VI Copa Galicia Internacional de Trampolín, que tivo lugar a fin de semana pasada. El faro de Vigo dou conta da noticia.
Xoves 30 de abril, día non lectivo
Enviado por Secret. o 27 Abril, 2015 - 09:52Segundo o punto 2 do artigo 7 da Orde do 13 de xuño de 2014, os centros teñen dereito a solicitar un ou dous días non lectivos cando as festas laborais de carácter local non coinciden con días de clase. Un deles é o próximo xoves 30 de abril de 2015, e polo tanto non haberá clase.
Excursión a París
Enviado por Secret. o 23 Abril, 2015 - 09:32Premendo aquí poden acceder as fotos da excursión que realizaron a París os alumnos deste Centro.
Visita de estudos do alumnado de 3º de ESO ao centro de educación ambiental das Corcerizas (Ourense)
Enviado por Anónimo o 19 Abril, 2015 - 18:52O vindeiro mércores 29 de abril, o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO realizará unha visita de estudos ao centro de educación ambiental das Corcerizas, situado no corazón da Serra de San Mamede (Vilar de Barrio - Ourense), o cal é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables, o tratamento alternativo dos residuos e a bioconstrución.
Haikus no clube de lectura este mércores
Enviado por admin o 14 Abril, 2015 - 18:19Lembrade que mañá mércores temos xuntanza do clube de lectura ás 16:30 para xogar, ler, crear.... HAIKUS coma este...
Un vello estanque
Unha ra que se ensume
Ruído da auga
Furu-ike ya
Kawazu tobikomu
Mizu no oto
Matsuo Kinsaku «Bashō»
(Ueno 1644—Osaka, 12 de outubro de 1694 ou 28 de novembro de 1694)
Máis HAIKUS neste doc
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »