Economía

Presentación de cooperativas Depoemprende

O mércores 27 de xaneiro os alumnos da materia de Economía de 4º ESO B participaron no acto virtual organizado pola Deputación de Pontevedra dentro do Programa Depoemprende para a presentación das cooperativas escolares constituidas, Codourada e Docecuartos. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.

3.jpg

Visita ao Parlamento de Galicia

O pasado 19 de febreiro os alumnos de 1o Bacharelato e 4o ESO da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, a biblioteca, Salón dos pasos perdidos e os patios interiores. Finalmente os alumnos protagonizaron un breve debate parlamentario no Hemiciclo.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Norma Pillado.

Parlamento_2020_0.jpg

Visita a CONGALSA

O pasado 17 de febreiro, o alumnado de 2o bacharelato de Economía da empresa e FUAX visitaron a empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:

  1. Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa
  2. Charla - coloquio
  3. Percorrido polas parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos coñecer a Zona de Produción e Envasado.
  4. A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.
  5. Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade de produtos.

A actividade foi organizada polo departamento de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.

IMG_20200217_130230.jpg

Programa Cores

O alumnado de 4ª ESO de Economía e IAEE participou o día 22 de novembro no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Linguaxe publicitaria e Consumo responsable.

A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e os alumnos estiveron acompañados polas profesoras, María Vilasó e Raquel Carballo.

IMG_20191122_111419_1.jpg

Programa Depoemprende na ESO

O martes 19 de Novembro os alumnos de 4º ESO C, participantes no programa Depoemprende na ESO acudiron ao Pazo da Deputación de Pontevedra para o acto de presentación e recollida do NIF da súa cooperativa escolar “ECOAE”. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido dende o principio de curso: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.

Estiveron acompañados pola profesora de IAEE, Raquel Carballo.

Nova en La Voz de Galicia.

DEPOEMPRENDE_20191119_120438.jpg

Programa CORES

O alumnado de 4º ESO de Economía participou o día 10 de abril no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Marcas e Consumo responsable. A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía.

Finanzas para mortais

O alumnado de Economía da Empresa de 2ª de bacharelato participou os días 7 e 13 de marzo en dúas charlas formativas dentro do Programa Finanzas para Mortais en colaboración co Banco Santander e coordinado polo Dpto. de Economía. A actividade completouse coa visita á oficina Smart Red de A Estrada.

Visita do alumnado de 2º de Bacharelato á empresa Iberluffa

O xoves 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía e FUAX acudiron á empresa IBERLUFFA, fábrica de exponxas vexetais, en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na área de cultivo cas explicacións do proceso produtivo dende a plantación das semillas, recoleción do froito, secado e transformación do mesmo, rematando ca organización da empresa, comercialización e distribución do produto.

Visita ao Parlamento de Galicia

O día 6 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, as bibliotecas, as dependencias dos grupos parlamentarios, patios interiores e o Hemiciclo, onde os alumnos puideron presenciar unha sesión plenaria.

A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Sonia Iglesias.

IMG_20181106_120305.jpg

Saída cultural á POBRA

Alumnos/as das materias de emprendedores (3º ESO) e economía (2º BAC) visitarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, as instalacións da empresa CONGALSA, S.L, situada no parque empresarial da POBRA DO CARAMIÑAL. A actividade, organizada polo departamento de Economía, desenvolverase en horario de maña entre as 9:00 e as 14:25 horas. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras do centro, Juana Lasheras e Teresa Filloy.

congalsa.png

Visita do MGB á Feira do Moble da Estrada.

Alumnado do noso centro correspondente aos cursos de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC realizarán unha visita o vindeiro martes, 23 de setembro, en horario de mañá e tarde, á nova edición da Feira do Moble da Estrada. Durante a mesma os alumnos/as asistirán a dúas charlas sobre “cooperativismo” e “atención ó cliente” e percorrerán parte da exposición. A actividade forma parte da programación do Departamento de Economía.

ndice.jpeg

ALUMNOS/AS DO IES GARCÍA BARROS NA FEIRA DO MOBLE.

O vindeiro venres, 20 de setembro, alumnado das materias, “obradoiro de iniciativas emprendedoras” (3º ESO) e economía (1º e 2º de Bacharelato) realizarán unha visita a “feira do moble” en A Estrada dentro das xornadas de cooperativismo e empresa”. Os alumnos/as asistirán a unhas charlas informativas e farán un percorrido pola exposición “Descobre as cooperativas”. Estarán acompañados por profesorado do centro.

feira moble.jpeg

Certame Cooperativismo do ensino 2009

Mañá mércores 18 de febreiro, na segunda hora, haberá na aula de Usos Múltiples do centro unha conferencia dentro do Certame de Cooperativismo do ensino 2009 para os/as alumnos/as de 1º de bacharelato da asignatura de Economía.

Conferencia CAIXANOVA

O mércores 29 de outubro os alumnos de Economía de 1º Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre o xogo "Play novos emprendedores" impartida por Gonzalo de Caixanova. Comenzará ás 9:30 e rematará unha hora despois.

Conferencia CAIXA GALICIA

O vindeiro venres 10 de Outubro ás 11:00 horas, na aula de Usos Múltiples,  haberá unha conferencia para os alumnos de Economía de 1º Bacharelato B e C.

Distribuir contido