Dormes?, seleccionada para a 3ª edición da Mostra de Teatro do Miño
Enviado por webmaster o 15 Abril, 2009 - 00:09Hoxe, nova representación de "Dormes?"
Enviado por webmaster o 8 Abril, 2009 - 16:47Hoxe, ás 21:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, asistiremos a unha nova representación de Dormes?, unha creación do Taller de Expresión Artística do MGB, dirixida por Miguel Carbajal. Nesta ocasión estarán presentes os delegados dos premios nacionais de teatro "Buero Vallejo", de cara a unha posible participación na fase final deste certame, que terá lugar en Madrid a finais de curso.
Desexamos o maior éxito para toda "a compañía", e que pronto poidan estar ensaiando para esa final nacional. Sorte hoxe!.
Un campeón de España no MGB
Enviado por Anónimo o 3 Abril, 2009 - 11:07Pablo Sanmartín Andújar, alumno de 1º C de ESO do MGB é o novo Campeón de España de bádminton na categotía sub13, nas modalidades de individual e dobres. A competición celebrouse o fin de semana do 28 e 29 marzo en Sevilla. Desde aquí queremos felicitalo e animalo a continuar a súa progresión, así como eloxiar o traballo e a humildade que amosa día a día: noraboa.
Masterclass Europea de Física
Enviado por Vicedirec. o 30 Marzo, 2009 - 13:11O vindeiro venres 3 de abril os alumnos Diego Oliveira Sánchez, Álvaro García Martínez, Jorge Luis Porto Fuentes e Daniel Vázquez Vázquez participarán na Masterclass Europea de Física (Física de partículas coas mans"), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Para saber máis premer aquí
Martes, 14 de abril: día non lectivo
Enviado por Secret. o 26 Marzo, 2009 - 09:42O martes 14 de abril de 2009 será día non lectivo. É un dos dous días dos que dispoñen os centros cando os festivos locais caen fóra do calendario lectivo.
Resolución provisional concurso traslados secundaria
Enviado por Secret. o 26 Marzo, 2009 - 09:38Resolución do 24 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Premer aquí.
Listaxe opositores aprobados
Enviado por Secret. o 24 Marzo, 2009 - 13:28Orde que modifica a Orde do 29 de xullo de 2008 pola que se fai púbica a listaxe dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 29 de abril de 2008. Premer aquí.
Resolución acceso corpo de catedráticos
Enviado por Secret. o 24 Marzo, 2009 - 13:21Orde pola que se resolve o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos. Premer aquí para acceder a ela.
Conferencia
Enviado por Vicedirec. o 24 Marzo, 2009 - 12:00O vindeiro venres 27 de marzo haberá unha conferencia, para os/as alumnos/as de 4º ESO, a cargo de Antía Otero e Mª Soutelo Vázquez que falarán sobre os seus libros de poesía, "O son da xordeira" e "Código poético" respectivamente. Será ás dúas últimas horas en Usos Múltiples
Videoconferencia entre os IES da Estrada
Enviado por Vicedirec. o 24 Marzo, 2009 - 11:54O vindeiro venres 27 de marzo con motivo do "Día da poesía" os/as alumnos/as de 2º ESO e 3º ESO A participarán na videoconferencia "Versos a Palestina" realizada entre os tres IES da Estrada, coa colaboración técnica do Centro Multimedia de Galicia, e na que se lerán diversas poesías conmemorativas. Será na Biblioteca do centro ás dúas últimas horas.
Comisión de coordinación pedagóxica
Enviado por Secret. o 23 Marzo, 2009 - 12:13Convócase á Comisión de coordinación pedagóxica para o vindeiro mércores, 1 de abril de 2009. Premer aquí para ver a orde do día.
Cortes da conexión a Internet do centro
Enviado por webmaster o 22 Marzo, 2009 - 22:59Co gallo da preparación da videoconferencia que realizarán os tres IES da Estrada o vindeiro venres 27, será preciso realizar os seguintes cortes no servizo de Internet do centro:
- Xoves 26, de 10:25 a 11:35.
- Venres 27, de 10:25 a 11:35 e de 12:25 a 14:25.
Desculpade as molestias que esto puidera ocasionar.
Entrevista aos "Olímpicos" do MGB
Enviado por webmaster o 17 Marzo, 2009 - 09:00Entrevista no Espazo de Correo TV "Preguntoiro" a Diego Oliveira e Álvaro García, alumnos do MGB medalla de ouro e bronce respectivamente, na XX Olimpiada Nacional de Física.
Subidos novos vídeos do Festival de París!
Enviado por webmaster o 14 Marzo, 2009 - 16:23Xa podedes ver os vídeos do Baile de salón e da obra de Teatro "Diálogo entre números primos. A liberación da pontencia" (este último en dúas partes)
Novidades Oferta Educativa curso 2009-2010
Enviado por XefeEstudos o 13 Marzo, 2009 - 12:49No documento adxunto atoparedes as principais novidades na oferta educativa para o curso 2009-2010: itinerarios de 4º da ESO, novas asignaturas en 1º de Bacharelato, e os cambios que introduce a LOE en 2º. Preme aquí para acceder ao documento ou ben consulta directamente na web:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- …
- seguinte ›
- última »