Sendeirismo no MGB, conmemorando o Día Mundial da Actividade Física

Ao longo deste mes de abril, o noso centro concentrará a posta en común das iniciativas realizadas dentro do proxecto EDUsaúde de promoción de estilos de vida activos e saudables, realizadas este curso no IES Manuel García Barros.

O mércores 6 de abril conmemórase o Día Mundial da Actividade Física e dende o proxecto EDUsaúde promovéronse camiñatas seguindo a Ruta da Zona Deportiva, na contorna do noso centro. Aproveitando o bo tempo o profesorado de educación física, nas súas clases, e tamén todos profesorado do centro nas gardas activas, estivemos a camiñar nos últimos días, conseguindo sumar máis movemento na nosa xornada escolar.

Podedes ver todas as imaxes neste álbum de Flickr.

Nesta última semana da avaliación tentaremos sumarnos a máis iniciativas activas como as xornadas activate  ou "baila la pena" de Macaco, promovidas pola Fundación Gasol.