"El emigrado", o luns nos pupitres!
Enviado por BiblioMGB o 29 Xaneiro, 2021 - 21:51
O luns atoparedes nos vosos pupitres un exemplar de El emigrado, realizada pola Asociación Vagalumes para conmemorar o centenario deste xornal que publicaba a Sociedade de Fillos da Estrada en Cuba. Nel atoparedes unha interesante revisión dos persoeiros estradenses que participaron nos movementos renovadores da época como Acción republicana.