O MGB nos Ludi Compostellani
Enviado por admin o 5 Maio, 2017 - 10:43
Os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica estiveron o pasado mércores na Facultade de Filoloxía de Santiago, con motivo da segunda edición dos Ludi Compostellani, organizados por SEECGalicia.
Tivemos a sorte de poder participar na xincana mitolóxica e nos obradoiros de Ciencia, Hoplitas e escritura, e quedamos con gañas de coñecer os de cociña, moda e taboíñas micénicas.
Dende aquí queremos agradecer á organización o seu traballo e felicitalos polo resultado.
Esperamos xa a nova edición desta actividade, con máis obradoiros e máis prazas, xa que este ano quedaron esgotadas aos poucos días.