Gústanos o Nadal!
Enviado por admin o 16 Decembro, 2016 - 20:05
Pois iso, porque nos gusta o Nadal queremos axudarvos a facer un agasallo moi especial.
Por que non regalar un anaquiño de tempo...
Escolle un libro da biblioteca, un que che gustara e queiras compartir cunha persoa especial *, lévao en préstamo para as vacacións, ofrécello, que o disfrute e, iso si, á volta de xaneiro devólvelo.
Ata cho imos envolver en papel de regalo!