ÉXITO DE PÚBLICO NA “JAM SESSION” E NO CONCERTO DIDÁCTICO

Alumnos/as do IES MANUEL GARCÍA BARROS do curso de 2º de BACH de artes escénicas e musicais dirixidos polo seu profesor Miguel Carbajal actuaron ante un público que abarrotaba o café “A Farola” o pasado venres, 31 de xaneiro. Así mesmo, o pasado xoves, 6 de febreiro, realizaron un concerto didáctico para os alumnos/as do CEIP Pérez Viondi da Estrada.

O Faro de Vigo fíxose eco desta nova, que podes consultar premendo aquí.