III Olimpiada Galega de Química

Os alumnos Claudia Blanco Sanmartín, Víctor Fariña Torres, Andrea Fernández Santas, Luís Manuel García Martínez, Nerea Gestoso Uzal, María Goldar Barreiro, Ana Reino Sánchez, Artai Rodríguez Moimenta e Mónica Vaamonde Suárez (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na III Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia, que se celebrará na súa Fase de Zona o venres 29 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer nesta ligazón.