Skip to Content

VISITA A CARNOTA E O ÉZARO

O pasado martes 21 de maio, o alumnado que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, e Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º Bacharelato do noso centrovisitou o espazo natural de Carnota-Monte Pindo.

         

Alí puidemos non só gozar da súa arquitectura tradicional, coa parada no hórreo de Carnota, senón tamén da riqueza medioambiental do lugar: as marismas, a lagoa e as dunas da praia de Carnota (observando a modelaxe característica e a vexetación e a fauna propia dese ecosistema). Ademais, explicáronse aspectos relacionados coa xeoloxía, como a orixe tectónica e o relevo granítico do Monte Pindo, ou a modelaxe fluvial do río Xallas na fervenza do Ézaro. E, malia que por cuestións meteorolóxicas non puido ser in situ, observamos e comentamos durante o traxecto as formacións graníticas na zona de Caldebarcos.

Tamén tratamos outros aspectos importantes durante a visita, como as enerxías renovables (analizando pros e contras), coa parada no Parque Eólico das Paxareiras e a Central Hidroeléctrica de Castrelo, en Ézaro. Por último, fixemos unha breve paraxe na vila de Muros.

Xa que a visita contou coa intervención, en cada sitio, do grupo de alumnas e alumnos correspondente, encargados de facer a súa achega (asignada e traballada previamente), resultou ser moi enriquecedora para alumnado e profesoras.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas que convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2024-2025, dirixidas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

  • Prazo: do 20 de ABRIL de 2024 ao 13 de setembro de 2024

Toda a información dispoñible na páxina web do ministerio, sección BECAS Y AYUDAS.

INICIACIÓN Á ESCALADA

Onte o alumnado de 3º da ESO realizou unha sesión de iniciación á escalada no Rocódromo de Santiago.

 

Aquí tes as fotos

CALENDARIO DE EXAMES 2º BACHARELATO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 24/25

Prazo de solicitude:     do 21/5/2024  a 21/6/2024, incluídos. 

Texto da convocatoria:   ORDE do 7 de maio de 2024 .

Forma de presentación:

Electrónica: utilice a aplicación FONDO LIBROS e presente solicitude na Sede Electrónica.

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación FONDO LIBROS, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro.

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

PROBAS LIBRES FP

XORNADA DE ACOLLIDA PROBAS LIBRES FP

 LUNS 3 DE XUÑO ÁS 09:30H NA BIBLIOTECA DO IES

Podes acceder ás programacións dos distintos módulos no seguinte enlace: PROGRAMACIÓNS CICLOS E FPB.

VISITA AO VIVEIRO DE EMPRESAS DE BARRO (PONTEVEDRA)

O pasado martes 16 de abril, os grupos da FP Básica da rama de electricidade así como o grupo de 1º do Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial realizaron unha saída para coñecer diversas experiencias empresariais relacionadas co emprendemento no sector da electricidade.

            

A primeira parada foi no Viveiro de Barro, para coñecer experiencias concretas de emprendemento relacionadas co sector da electricidade e a automatización, visitando tres proxectos emprendedores que están a dar os seus primeiros pasos: Pontesol, unha empresa instaladora de paneles solares; Enercraft, que traballa nos campos de electricifación e almacenamento de enerxía limpa, levando a cabo un novedoso deseño de baterías protátiles, e Tecnobelts, que se dedica ao deseño, fabricación e mantemento de equipos industriais, en especial, tecnoloxías de transporte e correas industriais.

Logo achegámonos ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde recibimos un obradoiro mediante varias dinámicas grupais para desenvolver as nosas habilidades en competencias brandas (as coñecidas como soft skills) como o traballo en equipo ou o pensamento imaxinativo; e achegámonosa contemplar a Laxe dos Carballos, que é o petróglifo máis coñecido do lugar.

A última parada do día foi na fábrica de Vertifil, onde poidemos ver todo o proceso de producción de textiles técnicos e industriais.

EXCELENTE RESULTADO NA FASE PROVINCIAL DO XOGADE

  

 O noso representante Iker Vázquez finalizou nun meritorio decimosegundo lugar na fase provincial de XOGADE.O seu esforzo levouno a competir coa elite desta proba de campo a través na última fase.

NORABOA IKER!

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DO ALUMNADO - CURSO 24-25

 

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión neste centro para o vindeiro curso, esta ADMITIDO

 PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS: Comunícase que todas as solicitudes de reserva de praza do alumnado para a matrícula de 1º ESO e de 1º Bacharelato para o vindeiro curso 2024-2025 no IES Macías o Namorado foron admitidasPódense consultar as listaxes do alumnado admitido no taboleiro do noso centro.

PARA O ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS: Dende o día 1 de marzo, ata o 20 de marzo (ambos incluídos), estará aberto o prazo de admisión, de forma telemática a través da aplicación admisiónalumnado ou nas dependencias do noso IES. Nos seguintes documentos dispoñen de toda a información:

1. Instruccións xerais

2. Prazos

3. Vacantes.

4. Manual para as familias

5. Modelo de solicitude en galego

6. Modelo de solicitude en castelán

EXPOSICIÓN "MACIAS NO ESPELLO"

O pasado 10 de abril, o Alcalde de Padrón, D. Anxo Arca e a Concelleira de Cultura inauguraron unha exposición de imaxes que foran realizadas nun obradoiro do Departamento de Plástica co fotógrafo Fuco Reyes desenvolvido no IES MACIAS O NAMORADO durante o curso 22-23.

As fotografías nas que colaborara o alumnado de 4º da ESO, formaron parte do seu proxecto "O Espello de Claude" co que Fuco Reyes gañou o Premio Luis Ksado de creación fotográfica na súa XVII edición, organizado pola Deputación da Coruña no ano 2023.

As imaxes, (case unha vintena) están protagonizadas polo noso alumnado (agora en Bacharelato), e exploran os sentimentos da adolescencia e a súas vivencias interiores no Instituto. A exposición estará dispoñible ata mediados de maio e aberta ao público no horario do Auditorio Municipal padronés.

      

Distribuir contido


by Dr. Radut