Skip to Content

Complementarias

Complementarias

O MACÍAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O noso instituto sumouse á conmemoración do 25N CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. Durante o segundo recreo o noso alumnado gardou un respetuoso minuto de silencio para recordar á tódalas victimas da violencia machista e seguidamente varios alumnos de 2º de Bacharelatoleron unha serie de textos de María Reimóndez en solidaridade coas mulleres maltratadas.

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. Niveis B1, B2 E C1 PARA ALUMNADO DE ESO, BACHARELATO E FP

Publicouse a  RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DURANTE O CURSO 2023/2024.   que establece as axudas e a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO, 1º e 2º de BAC e  Formación Profesional no curso 2023/2024.

O alumnado, asesorado, e a proposta do profesorado de lingua estranxeira, poderá presentarse nunha única proba de nivel dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade e as familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que estas probas non poidan celebrarse no propio centro.

 A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2023/2024, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante con criterios transparentes, públicos e obxectivos.

O prazo de solicitude remata o 6 de novembro. O alumnado e as familias deberán asinar un compromiso de realización das probas. O documento pódese descargar  premendo aqui.

MURAL NA FACHADA DO IES

O IES Macías o Namorado, promoveu a ampliación do mural que se iniciara no ano 2021, escollendo este ano, lugares e referencias icónicas da vila de Padrón tan recoñecibles como: o Santiaguiño do Monte, O Pedrón e a barca da Traslatio, A Ponte, O Espolón... O ano anterior os motivos centráronse na biografía de Macías o Namorado.

PARA VER AS NOVAS DE PRENSA DO NOSO MURAL CLICA AQUÍ

              

Trátase dunha intervención de arte urbana que inclúe pintura e mosaico, empregando materiais de refugallo, pero aportando valor engadido co emprego de restos de cerámica de Sargadelos.

              

Esta iniciativa ten moita presenza e visibilidade, por estar localizada nunha zona pola que discorre o Camiño de Santiago. Todo o alumnado da ESO do Macías  colaborou (case 200 alumnos e alumnas, en distintas quendas), así como o alumnado de 6º de primaria do CEIP Rosalía. Todos eles estiveron coordinados polo mestre e artista Xerardo Rodríguez Ramos, (ao que agradecemos a súa colaboración), e que deseñou o mural e a secuencia de imaxes sobre os bocetos de Sofía Núñez alumna de 1º Bacharelato do propio IES.

Curso práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP)

O pasado xoves 25 de maio,  acudiu ao centro o Grupo de Emerxencias de Padrón, onde impartiu un Taller de Primeiros Auxilios ao alumnado de 1º curso de Ciclo Superior e Ciclo Medio das familias de Administración e Electricidade.

Durante o taller o alumnado pudo practicar as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) en adultos, nenos e lactantes.

            

Encontro coa escritora Sonia Mirón.

O venres, 10 de marzo, o alumnado de 4º da ESO e do club de lectura de 3º tiveron a oportunidade de coñecer á autora do último libro que leron este trimestre, Sonia Mirón.

Sonia mostrouse cercana, accesible e moi contenta pola acollida, asimesmo, "encantada de mirar a los ojos de mis lectores y lectoras de este instituto, sentir su cercanía y la certeza de que #sitúquieres ha conquistado sus corazones" (palabras da escritora).

Durante 50 minutos, Sonia Mirón falounos da súa experiencia como escritora, presentounos os seus libros e atendeu a todas as cuestións plantexadas polos nosos corazóns lectores; a continuación, firmou exemplares  de Si tú quieres e deixou a súa firma no libro de visitas da biblioteca.

Un día inesquecible!

          

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!

O pasado xoves celebramos o Entroido no Macías. O centro organizou un concurso de comparsas, no que os grupos participantes debían presentar un disfraz conxunto (cando menos 6 alumnos por clase) sobre a temática elixida este ano: As nosas materias. Tivemos comparsas que se inspiraron en Inglés, Historia, Bioloxía, Administración...

NORABOA Á COMPARSA VENCEDORA: 1º ESO B!!!

Agredecemos aos participantes a súa dedicación e traballo, e ao xurado o seu labor de avaliación. Finalmente, ademáis da calidade dos disfraces, o xurado atendeu tamén á calidade das coplas que os grupos presentaron e a súa simpatía no escenario. As coplas satíricas ou irónicas, falaron da vida no centro, do profesorado, de Shakira e Piqué...

Pasámolo moi ben e desfrutamos!!!

                                                                                                                                   

O equipo masculino do Macías 3º Clasificado!!! na II Fase de XOGADE.

  

De novo excelentes resultados para o Equipo do IES Macías: o Equipo Masculino rematou en terceira posición e o Equipo Feminino en novena!!!

Ademáis dous representantes do noso IES tiveron marcas que lles cualificaron para asistir a vindeira fase que se celebrará en Ferrol.

NORABOA A TODOS!!!!

Celebración do día da Muller e a Nena na Ciencia.

  

O día 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a nena na Ciencia, co gallo desta conmemoración o Departamento de Bioloxía do noso IES, organizou, o venres 10 unha charla online á cargo de Adriana Dapena Janeiro da área de Enxeñería de Computadores e Catedrática de Teoría da Señal e Comuniccións, e Vicedecana da Universidade da Coruña. Asistiron os alumnos de 4º da ESO e 1º de FPB de Administrativo.

"Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer"

 

     Dentro das actividades de achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías, onte, día 24 de xaneiro impartiuse unha charla no noso IES baixo o título Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer.

      A ponencia correu a cargo de Pablo Vázquez e celebrouse dentro do Programa A Ponte en colaboración coa USC. Asistiron os alumnos de 2º dos Ciclos Medio e Superior do noso centro.

Encontro Clubs de Lectura

O venres 17 de xuño celebramos a festa de remate de curso para os clubs de lectura dos niveis de ESO. E que mellor xeito de celebralo que participando no encontro de clubs de lectura dos institutos da contorna que organizou o IES Félix Muriel de Rianxo.

Nesta vila reunímonos con alumnado dos clubs de lectura de Boiro, Ribeira e por suposto de Rianxo. O encontro consistiu nun roteiro pola vila de Rianxo, con visitas ao Museo do Mar, o Museo de Manuel Antonio, o paseo marítimo e o Castelo da Lúa,  e cunha divertida búsqueda do tesouro que nos permitiu coñecer a vila dun xeito lúdico.

Parabéns aos anfitrións e oxalá que esta experiencia teña continuidade nos cursos vindeiros.

Distribuir contido