Skip to Content

Recursos

Resolución Provisional de Probas de Linguas Extranxeiras

Ven de ser publicada a Resolución provisional de centros públicos beneficiarios das axudas para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado en linguas estranxeiras.

Tanto o alumnado de 2º de Bacharelato como o de 2º de Formación Profesional do noso IES que presentaron esta solicitude foron seleccionados para recibir a subvención para a realización das probas. Pódese consultar a listaxe de centros e cursos seleccionados no seguinte enlace.

Os alumnos de inglés e francés de 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos que presentaron solicitude deben poñerse en contacto cos seus profesores que os guiarán neste proceso.

Federación Autismo Galicia

Deixámosvos a ligazón á Federación Autismo Galicia, entidade sen ánimo de lucro que procura e defende os dereitos e necesidades das persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista):

- Páxina web Federación Autismo Galicia.

- Guía para as familias que reciben o diagnóstico de TEA.

 

Guía diversidade familiar

Dende as ANPAS galegas, ofrécese esta interesante guía de diversidade familiar e condutas contrarias á igualdade:

Distribuir contido