Skip to Content

Fondo Libros

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA VALES DE MATERIAL

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Os beneficiarios destas axudas (solicitantes ou persoas debidamente autorizadas) poderán recoller o novo vale no IES a partir do luns 17/10 no seguinte horario:

                        Luns, Martes e Mércores de 10:25 a 13:35.

                  Xoves de 09:25 a 11:35 e de 12:45 a 14:25.

                  Venres de 09:35 a 13:35.

Reparto de libros de texto e vales para o curso 2022-2023

O reparto de libros de texto do Fondo Solidario e dos vales para adquisición de material, para o curso 2022-2023 realizarase no horario que se mostra na seguinte táboa. Rogariamos ás familias que, na medida do posible, procuren respectar dito horario:

  Martes 13 de setembro
1º ESO De 16:00 h a 16:45:00 h
2º ESO De 16:45 h a 17:30h
3º ESO De 17:30 h a 18:15 h
4º ESO De 18:15 h a 19:00 h

 

IMPORTANTE: é imprescindible que a PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, unha persoa AUTORIZADA, recolla o lote de libros do alumno ou alumna e, se é o caso, o vale.

Para autorizar a outra persoa distinta da solicitante a recoller os libros de texto e vales, é necesario entregar:

- Un documento asinado autorizando a esa persoa, onde aparezan os nomes e DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

- Unha fotocopia dos DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACION DO FONDO DE LIBROS

IMPORTANTE: está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de adxudicación do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en ESO para o curso 2022-2023. 

Poden consultar as listaxes na entrada do IES nas que figuran os libros asignados aos alumnos/as.

 ESTAS LISTAXES NON PODEN SER FOTOGRAFADAS  en cumprimento coas leis de protección de datos. A axuda para vales de material pode consultarse coa Vicedirección do IES.  Na rede tamén poden consultar estas resolucións con Chave 365 ou con Certificado Dixital, a través da aplicación fondolibros.

 

Horario devolución libros de texto fondo solidario curso 2021-2022

Lembramos que mañá, martes 21 de xuño, o alumnado realizará a devolución de libros de texto do fondo solidario empregados durante este curso 2021-2022, no seguinte horario:

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-2023

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022-2023.

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído), é dicir: do 19 de maio de 2022 ao 22 de xuño de 2022 (incluído)

 

INSTRUCIÓNS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE

As solicitudes poderanse presentar de forma electrónica ou presencial:

- Presentación electrónica: accedendo aos anexos dispoñibles na aplicación FondoLibros, realizarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B); será necesaria unha solicitude por cada fillo/a.

- Presentación presencial (na Secretaría do centro): utilizando o Anexo I e II da Orde da convocatoria. Pódese descargar tamén o Anexo II, por separado, para aquelas familias nas que o espazo previsto no cadro non é suficiente (deberase cumplimentar e enviar tantos anexos como sexan necesarios).

 

Para máis información, consulta aquí:

- Manual de usuario

A orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/5/22)

O extracto da orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/5/22)

 

Listaxes definitivas Fondo Libros curso 2021-2022

Publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Pódense consultar:

- No taboleiro de anuncios do noso centro.

- Na aplicación FondoLibros con certificado dixital ou chave 365.

A entrega de vales e libros de texto correspondentes realizarase seguindo as instrucións que as titoras e titores lle darán ao alumnado nos próximos días.

IMPORTANTE: será imprescindible que a PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, unha persoa AUTORIZADA, recolla o lote de libros do alumno ou alumna e, se é o caso, o vale.

Instrucións para a devolución dos libros de texto en setembro

É preciso recordar ao alumnado da ESO convocado ás probas extraordinarias de setembro que deben devolver os libros de texto no centro o día da entrega de notas, luns 6 de setembro, unha vez que recollan os boletíns por parte dos seus titores/as.

MOI IMPORTANTE:

Lémbrase que a falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22. (Orde do 6 de maio de 2021)

Listaxes provisionais Fondo Libros curso 2021-2022

Publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Pódense consultar:

- No taboleiro de anuncios do noso centro.

- Na aplicación FondoLibros con certificado dixital ou chave 365.

A entrega de vales e libros de texto correspondentes realizarase en setembro, segundo as instrucións que se publicarán nesta páxina web.

Modificación data de publicación da listaxe provisional Fondo Libros curso 2021-2022

AVISO IMPORTANTE!

Debido a que o prazo de matrícula no noso centro aínda non rematou, aprázase a publicación da listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar ao día martes 13 de xullo.

Distribuir contido