Skip to Content

Francés

EXCELENTES RESULTADOS DELF SCOLAIRE

A Alianza Francesa acaba de remitir os resultados dos nosos alumnos no exame do DELF Scolaire, unha vez máis, o Departamento de Francés, logo de traballar intensamente acadou uns resultados excelentes.

Maís do 90% do alumnado acadou unha cualificación positiva coa que lograron acreditar unha competencia lingüística nos niveis B1 e B2 !!!

NORABOA AO ALUMNADO E Á DOCENTE!!

O Macías visita París

A nosa viaxe a París foi un rotundo éxito!

O mesmo día da nosa chegada á cidade, o venres 7 de outubro, visitamos o Louvre. Alí contemplamos, entre tantas outras obras, o famoso retratro da Mona Lisa, de Leonardo da Vinci, e unha estatua colosal, La victoire de Samotrace, pertencente a escola rodia do período helenístico. Impresionante!. 

O sábado 8 de outubro foi moi intenso. Pola mañán, estivemos no Museo de Orsay, que é unha auténtica delicatessen. O edificio embelesa pola luz que atravesa todos os espazos e mais polas obras que alí se poden ver. De Van Gogh a Cézanne, seleccionamos este: “Le déjeuner sur l’herbe”, de Édouard Manet.

 

Ao saírmos de Orsay, fomos pasear pola beira do Sena, visitamos “les boîtes des bouquinistes” e mercamos algún souvenirs como agasallo para as nosas familias, e, ao final da tarde, subimos ao piso máis alto da Tour Eiffel!! Todo isto nun día!! Estas rapazas de 4º ESO e 1º BAC son unhas xefazas!!

O domingo 8 de outubro, collemos o metro e fomos ata Versailles para visitar o castelo. Alí pasamos toda a mañán e regresamos a París sobre ás dúas e media. Despois de comer, demos un paseo por Montmartre, vimos o Moulin Rouge, o Moulin de la Galette e o Sacré-Coeur.

 

Xa pola noite achégamonos á Place du Tertre, tamén en Montmartre, que por certo estaba en festas, e comemos unhas crêpes deliciosas. Fixemos unha morea de selfies que reflicten todo isto que contamos. E non pensedes que isto rematou nesa noite tan divertida!! Aínda hai máis!!

O luns, 10 de outubro, o noso penúltimo día en París, foi moi longo. Estirámolo ao máximo. Estivemos pola zona de Saint-Germain, volvemos polas “boîtes de bouquinistes”, fixemos foto da catedral de Notre-Dame, comemos na típica “brasserie” parisina, achegámonos á Place de la Concorde, previo paso polo Jardin des Tuileries (cousa bonita estes xardíns!!) e dirixímonos cara aos Champs-Elysées co obxectivo (sempre hai un obxectivo) de ver o Arc de Triomphe. Xa pola fresca, puxémonos nostálxicas e decidimos ir aos Champs de Mars para contemplar a Tour Eiffel de noite, onde fixemos o selfi de rigor.

   

Como non considerar esta viaxe un exitazo co ben que o pasamos e tanto como aprendemos??  As risas pola noite, as comidas compartidas, os selfies, as crêpes, A ARTE INMENSA da antiga Lutecia e tantas emocións e anécdotas vividas permanecerán para sempre na nosa memoria. Queremos repetir? Abofé que queremos!! 

Días de cinema para 2º ESO

Hoxe o alumnado de 2º ESO abriu unha nova etapa. Despois dun curso sen actividades, por fin nos centros de ensino podemos comezar a organizar algunhas, devolvendo á comunidade educativa a normalidade que tanto esperabamos.

O departamento de Francés preparou esta saída a Santiago de Compostela, que consistiu no visionado da película de animación Calamity (en francés) no cine Numax, seguido dunha visita ao Museo do Pobo Galego, onde as rapazas e rapaces participaron nun xogo de pistas sobre celebracións e tradicións galegas.

Acompañou e colaborou nesta actividade o departamento de Educación Física.

 

Departamento de Francés

FRANCÉS

Distribuir contido