Skip to Content

Formación Profesional

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de grao medio e superior de FP (2024)

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

SHOWROOM-ETHERCAT

O alumnado de 2º de Ciclo Superior de AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL asistiu os días 20 e 21 de novembro ao Showroom-Ethercat organizado pola empresa BECKHOFF. Nesta formación coñeceron aspectos teóricos e prácticos do BUS DE COMUNICACIÓN INDUSTRIAL ETHERCAT de ampla implantación no mundo da automatización.

 

Curso práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP)

O pasado xoves 25 de maio,  acudiu ao centro o Grupo de Emerxencias de Padrón, onde impartiu un Taller de Primeiros Auxilios ao alumnado de 1º curso de Ciclo Superior e Ciclo Medio das familias de Administración e Electricidade.

Durante o taller o alumnado pudo practicar as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) en adultos, nenos e lactantes.

            

Visita e formación en Stellantis (Vigo)

Os alumnos de 2º curso do Ciclo de Robótica asistiron a semana pasada a unha formación teórica nas instalacións de Stellantis en Vigo.

                              

A formación constaba de dous módulos e as xornadas permitiron profundizar nas competencias transversais de comunicación e liderado. Os alumnos visitaron salas temáticas sobre Industria 4.0.

Xornadas de Automatización Industrial (VIGO-2022)

Os alumnos do 2º curso de Automatización e Robótica participaron os pasados 16 e 17 de novembro nas Xornadas de Automatización Industrial, celebradas en Vigo, onde tiveron ocasión de coñecer os avances nas tecnoloxías e solucións para a automatización industrial.

     

Nas xornadas coñeceron os últimos adiantos de empresas punteiras do sector, e serviron para completar a formación especializada do noso alumnado.

Curso de Beckhoff

A última semana do curso, e ata o 23 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Ciclo Superior de Electricidade recibiu o curso de Beckhoff, empresa que implementa sistemas de automatización abertos en base á tecnoloxía de control baseada en PC. O obxectivo foi capacitar a este alumnado para o desenvolvemento de aplicacións xenéricas con TwinCAT 3 PLC. 

Parabéns ás persoas asistentes!

Medalla de bronce para o IES Macías o Namorado

O pasado venres 6 de xuño os nosos alumnos de 2º de FPB Samuel Batalla Gago e Marcos Barros Caamaño recibiron a MEDALLA DE BRONCE pola súa participación no FPBásicaSkills Galicia 2022, na especialidade de Electricidade e Electrónica.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, FPBásicaSkills Galicia 2022 ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia.

 

Moitos parabéns a Samuel e a Marcos!! 

Recordatorio: prazo inscrición probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2022

RECORDATORIO IMPORTANTE:

Lembramos que está aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

Máis información premendo en: convocatoria 2022.

Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas (AFD)

No IES Macías o Namorado queremos facer difusión do CURSO AFD de Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial, que se impartirá no noso centro do 28 de marzo ao 3 de agosto.

Consulta toda a información no seguinte documento ou chamando ao teléfono do IES: 881 86 67 70.

Medalla de prata para o IES Macías o Namorado

Estamos de parabéns!

Temos que felicitar ao noso alumno Miguel Pousada Parente, que cursa 2º Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas no centro, por acadar a MEDALLA DE PRATA na súa modalidade no Galiciaskills 2021. Para ver os resultados da competición preme aquí.

Moitos parabéns, Miguel!

              

Distribuir contido


by Dr. Radut