Skip to Content

Bolsas para cursos de inglés en Irlanda

O 19 de abril abre o prazo de solicitudes para as Bolsas Eurolingua para realizar cursos de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda.

Poden consultar a información no Portal Educativo da Xunta de Galicia, ou en www.becaseurolingua.com.

O MACÍAS NA FP INNOVA

O alumnado dos cursos de 1º e 2º de FPB e Ciclo Medio de electricidade realizaron unha visita o pasado 23 de marzo á FP INNOVA, celebrada na Cidade da Cultura no Gaiás. Destacou o gran interese que amosou o alumnado ante os proxectos de innovación que alí se presentaron. Esta xornada permitiu a interacción entre os diferentes cursos de electricidade así como co profesorado nun ambiente distinto ao habitual.

              

O IES MACÍAS O NAMORADO participou nos proxectos de innovación na FP INNOVA, concretamente unha profesora do Departamento de Electicidade (Cristina Rey Carballo) desenvolveu un proxecto de APLICACIÓN DA IoT PARA A PRESERVACIÓN DA FAUNA AUTÓCTONA. O proxecto desenvolveuse conxuntamente co Politécnico de Santiago para implementar o aviso remoto da captura de especies salvaxes no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O proxecto consistiu no deseño e implantación dun sistema de trampas intelixentes dotadas de sensores, e baseadas nunha rede LoRa, para a captura e recuperación de especies invasoras como o visón americano, nas Illas Atlánticas. A xaula automatizada, avisa mediante GSM en canto se produce unha captura, ao biólogo responsable do seguemento destas especies invasoras. 

O Macías forma parte deste xeito da elite da innovación na FP en Galicia.

               

Charla sobre búsqueda de emprego.

O pasado martes, 21 de Marzo, Armando Basileo, Director da oficina da empresa Randstad en Santiago de Compostela, impartiu unha Charla sobre Procura de Emprego  ao alumnado de 2º curso de FP das familias profesionais de Administración e Electricidade. A charla tamén asistiu o alumnado de 1º curso do CS de Administración e Finanzas
            
 
Randstad é unha empresa de servicios integrais de RR.HH, especializada na selección de persoal, que conta con unha ampla rede de oficinas a nivel mundial. Esta charla foi organizada polo Dpto. de Orientación en colaboración co Dpto de FOL co obxetivo dar a coñecer ao alumnado técnicas e ferramentas para a súa próxima inserción profesional". 
 

O MACÍAS 3º CLASIFICADO no campionato provincial!!

Moitos parabéns ao noso alumnado de 2º e 3º da ESO que alcanzou o TERCEIRO POSTO no Campionato Provincial de Campo a Través (XOGADE), que se disputou o pasado 17 de marzo en Ferrol.

  

Os nosos campións: ANTONIO DAVID RIAL PÉREZ, EDUARDO DURO VIDAL, PABLO PIÑEIRO QUIROGA, MANUEL RODRÍGUEZ ESPERANTE, ANXO GARCÍA BARCIA E NICOLÁS VILLAMOR FERNÁNDEZ.

NORABOA!!!

Visita ao Parque Natural de Lobios (Shelter Foundation).

O pasado martes 14 de marzo, o alumnado de 4º ESO e da materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato visitamos o Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, incluído na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Encadrada dentro do Proxecto Shelter, que ten como obxectivo o desenvolvemento de ferramentas para a adaptación ao cambio climático e unha mellor resiliencia do patrimonio natural e cultural do Parque, a actividade comezou cunha viaxe ata Lobios, en Ourense, para coñecer de primeira man esta iniciativa.

 

           

Recibíronnos no centro de interpretación de Lobios, onde as guías ambientais fixeron unha pequena exposición das liñas de traballo e das estratexias ambientais trazadas neste proxecto, ademais de explicar a información das maquetas e dos paneis (algúns deles interactivos) do centro.

A continuación, fixemos unha andaina de dificultade media-baixa: o sendeiro do Río Vilameá. Acompañounos unha das guías, que nos ía explicando detalles do lugar a medida que avanzabamos no camiño. Ao longo desta sinxela ruta circular que percorre un tramo do río, puidemos coñecer a beleza da paisaxe e os valores naturais da zona, así como os 12 muíños repartidos neste intinerario.

Sen dúbida, quedamos con ganas de adentrarnos no corazón do parque para apreciar toda a diversidade que ofrece, tanto na súa fauna e flora como nos elementos da modelaxe xeolóxica que o debuxan.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER... 8M

AS MULLERES SOSTEÑEN A METADE DO CEO...E COA OUTRA MAN A METADE DO MUNDO!

O Macías sumouse á celebración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo. Os alumnos/as elaboraron un cartaz e leron un manifesto na entrada do instituto no que se recordaba...


             

é unha data destacada no calendario internacional para lembrar que a desigualdade de xénero é unha realidade en todo o mundo e que se ben foron moitos os logros acadados, quedan moitas desigualdades que superar. (...) ademáis de reformas xurídicas cómpre que o sistema educativo se involucre con propostas docentes e metodolóxicas que garantan unha educación máis igualitaria e inclusiva. Por iso, desde o IES Macías o Namorado reivindicamos máis educación en igualdade e con perspectiva de xénero.

 

Curso de formación en Hidráulica Proporcional.

O IES Macías o Namorado ven de desenvolver un curso de formación para docentes sobre Hidráulica Proporcional a cargo do Xefe de Departamento de Electricidade Xose Manuel López Gato. 

No curso participaron 21 docentes e está acreditado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación en colaboración con Alecop que proporcionou un novo banco de hidráulica.

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!

O pasado xoves celebramos o Entroido no Macías. O centro organizou un concurso de comparsas, no que os grupos participantes debían presentar un disfraz conxunto (cando menos 6 alumnos por clase) sobre a temática elixida este ano: As nosas materias. Tivemos comparsas que se inspiraron en Inglés, Historia, Bioloxía, Administración...

NORABOA Á COMPARSA VENCEDORA: 1º ESO B!!!

Agredecemos aos participantes a súa dedicación e traballo, e ao xurado o seu labor de avaliación. Finalmente, ademáis da calidade dos disfraces, o xurado atendeu tamén á calidade das coplas que os grupos presentaron e a súa simpatía no escenario. As coplas satíricas ou irónicas, falaron da vida no centro, do profesorado, de Shakira e Piqué...

Pasámolo moi ben e desfrutamos!!!

                                                                                                                                   

Visita ao Parlamento e ao Valedor do Pobo do Macías

O pasado 7 de febreiro o alumnado de FPB e Ciclo Medio de Administrativo fixeron una saída de estudios formativa ó Parlamento de Galicia e o Valedor do Pobo.

 Así estes alumnos e alumnas puideron coñecer as súas sedes. No Valedor foron informados da estrutura de esta institución, as súas funcións e o xeito de acceder os cidadáns para presentar as súas  queixas.

No Parlamento, tiveron unha visita guiada, accedendo as dependencias máis solemnes, ao hemiciclo, bibliotecas, e gozaron da colección de arte galega, pintura e escultura, chamando a atención as súas vidreiras.….  Coñeceron o labor que desempeñan deputados e deputadas que nos representa, e  a organización e  historia da institución. 

Esta visita coincidiu cunha sesión plenaria, e deste xeito tiveron a oportunidade de presenciar en directo como se desenvolve unha comparecencia parlamentaria. 

Curso de formación para persoas desempregadas.

Vaise impartir un curso sobre Montaxe e Mantemento de Sistemas de Automatización Industrial. O curso acredita 510 horas de formación e desenvolverase no noso IES ata o vindeiro 24 de xullo. É requisito ter o graduado en ESO ou equivalente e a selección farase o vindeiro 28/02.

INFORMACIÓN E CONTACTO DO CURSO: CLICA AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut