Skip to Content

Listaxes definitivas Fondo Libros curso 2021-2022

Publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Pódense consultar:

- No taboleiro de anuncios do noso centro.

- Na aplicación FondoLibros con certificado dixital ou chave 365.

A entrega de vales e libros de texto correspondentes realizarase seguindo as instrucións que as titoras e titores lle darán ao alumnado nos próximos días.

IMPORTANTE: será imprescindible que a PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, unha persoa AUTORIZADA, recolla o lote de libros do alumno ou alumna e, se é o caso, o vale.

Listaxes alumnado admitido e non admitido 1º curso de FPB

Publicadas as listaxes de alumnado admitido e non admitido de 1º curso de FP Básica de Electricidade e Electrónica e de 1º curso de FP Básica de Servizos Administrativos.

Pódense consultar as listas no taboleiro de anuncios do noso centro.

Entrega de notas setembro

A entrega dos boletíns de cualificacións será o LUNS 6 DE SETEMBRO ás 10:00 h. O alumnado recibirá as notas por parte do seu titor/a na súa aula correspondente.

Trala entrega de notas, aqueles alumnos/as de ESO que dispoñan de libros de texto do fondo solidario deberán devolvelos, seguindo as instrucións do seu titor ou titora.

Bolsas e axudas do MEC para alumnado de niveis postobrigatorios curso 2021-2022

Lémbrase que está aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas para o alumnado de niveis postobrigatorios para o vindeiro curso 2021-2022.  Ata o 30 de setembro de 2021.

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á información e á solicitude online:

- Alumnado de Bacharelato

- Alumnado de Formación Profesional

Instrucións para a devolución dos libros de texto en setembro

É preciso recordar ao alumnado da ESO convocado ás probas extraordinarias de setembro que deben devolver os libros de texto no centro o día da entrega de notas, luns 6 de setembro, unha vez que recollan os boletíns por parte dos seus titores/as.

MOI IMPORTANTE:

Lémbrase que a falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22. (Orde do 6 de maio de 2021)

Listaxes provisionais Fondo Libros curso 2021-2022

Publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Pódense consultar:

- No taboleiro de anuncios do noso centro.

- Na aplicación FondoLibros con certificado dixital ou chave 365.

A entrega de vales e libros de texto correspondentes realizarase en setembro, segundo as instrucións que se publicarán nesta páxina web.

Calendario exames de setembro 2021

Descarga o arquivo adxunto para consultar o calendario das probas extraordinarias de setembro e outras datas importantes (reclamacións, entrega de cualificacións, matrícula, etc.)

Modificación data de publicación da listaxe provisional Fondo Libros curso 2021-2022

AVISO IMPORTANTE!

Debido a que o prazo de matrícula no noso centro aínda non rematou, aprázase a publicación da listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar ao día martes 13 de xullo.

Matrícula alumnado ESO

NOTA IMPORTANTE:

O alumnado da ESO con todas as materias do curso 2020/2021 aprobadas e que solicitase a axuda de libros de texto e material escolar deberá matricularse no centro nun dos seguintes días, en horario de 10:00h a 13:00h:

Martes 6 de xullo

Mércores 7 de xullo

Xoves 8 de xullo

Distribuir contido


by Dr. Radut