Skip to Content

Charla sobre Enerxía Nuclear

O pasado xoves 09/02 celebrouse no Salón de Actos do noso IES, unha Charla divulgativa baixo o título A Enerxía Nuclear, unha enerxía segura?

A charla correu a cargo de Don Eugenio Fernández Carrasco, do Departamento de Enxeñería Química da Facultade de Ciencias de Lugo da USC. Asistiron os alumnos/as de 2º Ciclo Medio de Electricidade, 1º e 2º de Ciclo Superior de Electricidade e alumnado de 2º de Bacharelato de Física.

Celebración do día da Muller e a Nena na Ciencia.

  

O día 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a nena na Ciencia, co gallo desta conmemoración o Departamento de Bioloxía do noso IES, organizou, o venres 10 unha charla online á cargo de Adriana Dapena Janeiro da área de Enxeñería de Computadores e Catedrática de Teoría da Señal e Comuniccións, e Vicedecana da Universidade da Coruña. Asistiron os alumnos de 4º da ESO e 1º de FPB de Administrativo.

"Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer"

 

     Dentro das actividades de achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías, onte, día 24 de xaneiro impartiuse unha charla no noso IES baixo o título Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer.

      A ponencia correu a cargo de Pablo Vázquez e celebrouse dentro do Programa A Ponte en colaboración coa USC. Asistiron os alumnos de 2º dos Ciclos Medio e Superior do noso centro.

Xornada de portas abertas para o alumnado de primaria.

O vindeiro martes 24 de xaneiro o noso IES celebrará unha xornada de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria de centros adscritos. Familias interesadas de outros centros tamén serán benvidas. Dende as 18:00h a Directora e a a Orientadora do Macías, explicarán o funcionamento do noso centro e acompañarán ao alumnado e ás familias nun percorrido polas instalacións.

                                               

Dende o Macías queremos dar unha sentida benvida ao noso futuro alumnado!!!!

O Macías na conmemoración do pasamento de Camilo José Cela.

O Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou este martes en Padrón nos actos impulsados pola Xunta de Galicia polo 21 aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Os actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio padronés de Santa María de Adina a cargo dun alumno do centro.

A continuación, o representante da Consellería de Cultura trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela para a lectura de La familia de Pascual Duarte, a cargo, entre outros, dos alumnos do IES Macías O Namorado de Padrón.

                   Un alumno do IES deposita a ofrenda floral.

Enlaces ás novas de prensa.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2023/01/18/homenaje-padron-21-aniversario-muerte-cela/0003_202301S18C5994.htm

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/homenaxe-a-cela-cunha-lectura-e-unha-ofrenda-GH13054002

Visita e formación en Stellantis (Vigo)

Os alumnos de 2º curso do Ciclo de Robótica asistiron a semana pasada a unha formación teórica nas instalacións de Stellantis en Vigo.

                              

A formación constaba de dous módulos e as xornadas permitiron profundizar nas competencias transversais de comunicación e liderado. Os alumnos visitaron salas temáticas sobre Industria 4.0.

Os alumnos do Ciclo de Administrativo visitan Correos

 

Os obxectivos desta saída de estudios foron:   

Familiarizarse co Grupo Correos, o funcionamento do día a día dunha oficina  e cos servizos que ofrece as empresas  en particular. Coñecer a tecnoloxía que se aplica nos procesos de servizos de correos, o control sobre os envíos, e a posibilidade de dispor de información real do estado das entregas.  

Reforzar  os contidos teóricos do módulo de Técnicas Administrativas, cunha visión de carácter práctico. E por último coñecer as oportunidades laborales do Grupo Correos.

Votacións Consello Escolar

 

  Nesta convocatoria renováronse os representantes de pais/nais (2), profesores/as (5) e alumnos/as (2).

  A xornada discorreu sen incidencias e máis de 300 alumnos/as!!!  exerceron libremente o seu dereito e escolleron aos seus representantes.

  Tamén exerceron o seu dereito ao sufraxio os docentes, o persoal non docente e os pais/nais, estes últimos en horario de tarde.

Noraboa e moita sorte aos elixidos/as.

O Macías contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro o Macías sumouse á conmemoración internacional, e denunciou a violencia contra as mulleres. O alumnado concentrouse cunha pancarta elaborada polos alumnos/as de ESO, e escoitaron a lectura dun manifesto a cargo de dous compañeiros/as de Bacharelato que demandaban entre outras cousas " a erradicación de todas as formas de violencia machista: física e sicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual..."

                       

No manifesto incluíanse unhas verbas de Emila Pardo Bazán que, escritas hai máis de 120 anos, desgraciadamente seguen de plena actualidade: "o que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademáis de criminal é un covarde".

                                              

O MACÍAS DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!

Xubilación de Chicho

 

 Hoxe xubílase José Luis Carballada, Chicho, que foi durante 25 anos o noso director.

 Toda a comunidade educativa do Macías O Namorado recoñece con cariño, o seu esforzo e a súa dedicación á fronte do IES.

 Dicimos "ata logo" a un excelente profesional, compañeiro, amigo... pero sabemos que podemos seguir contando coa súa axuda e maxisterio sempre!

 Disfruta desta nova etapa. GRACIAS, CHICHO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut