Novas EDU Xunta
Convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2024 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Tema:
Estadías formativas en empresas ou instituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
ProfesoradoResolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24
Xúntase a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
File:
Resolución do 28 de febreiro de 2024Tema:
Información xeralEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución da convocatoria do programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital de Galicia
Xúntase a Resolución do 1 de marzo do 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolve a convocatoria do programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital da Comunidade Autónoma de Galicia.
Anuncio principal:
Convocatoria do programa para o mantemento e incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital de GaliciaTema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
CentrosConvocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e medio. 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461
Publícase a Resolución do 29 de febreiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.
Tema:
Programas e plans Programas europeos e internacionais ErasmusEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoResolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022
Anuncio principal:
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025Tema:
Información xeral Programas e plans EscolarizaciónEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros Servizo de CentrosColectivo:
Alumnado Familias CentrosListaxe provisional de centros seleccionados nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024 convocados pola Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo para presentar reclamacións ou emendar documentación estará aberto do 29 de febreiro ao 4 de marzo, ambos os dous incluídos.
Tema:
Programas e plans eduemprendeEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosResolución do 20 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25
Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.
File:
Resolución do 20 de febreiro de 2024 (DOG)Tema:
Acceso á universidade NormativaEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
BoletínPublicación das vacantes definitivas no Concurso Xeral de Traslados (código de procedemento ED012A)
Xúntase a Resolución do 27 de febreiro de 2024 pola que se fan públicas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
Anuncio principal:
Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación 2023Servizo relacionado:
CXTTema:
Concurso de trasladosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesColectivo:
ProfesoradoRelación de proxectos presentados á convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2024
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Resolución do 26 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).
Tema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado AlumnadoResolución do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.
Logo de finalizar o prazo de presentación de orixinais e de se reunir a Comisión de Selección, publícase a resolución cos centros gañadores.
A exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de educación infantil e primaria, é Tatuada na pétrea pel do mar, elaborada polo CEIP Raquel Camacho, da Coruña.
Na categoría B, destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, a exposición premiada é Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta Gómez, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense.
Cada exposición vén acompañada da correspondente guía didáctica, que nos permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época da autora a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas.
O centro educativo gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 €, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha dos traballos seleccionados obterá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).
A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guía didáctica será impresa e distribuída en centros de ensino de Galicia e do exterior, bibliotecas e outros; e tamén estará dispoñible no Portal da lingua galega para a súa descarga libre e gratuíta, canda outros materiais elaborados pola SXPL e polos equipos de dinamización da lingua galega.
A SXPL agradece a participación nesta iniciativa, que require sempre un grande esforzo e entusiasmo da comunidade educativa.
Pódese consultar a Resolución da convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024, no documento anexo.
Anuncio principal:
Convocatoria do Concurso-Exposición sobre Luísa Villalta, a Autora Homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024Tema:
Lingua galega Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Entidades autonómicasColectivo:
Profesorado Alumnado FamiliasSección:
Boletín Portada de boletínConvocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2024
Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2024 (código ED305F).
- O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 28 de febreiro ata o 19 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
File:
Ordedo 30 de xaneiro de 2024 (DOG)Servizo relacionado:
PIALETema:
Programas e plans PIALEEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasProbas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2024
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoPublicación da convocatoria de carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2024
Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2024 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia o 22 de febreiro.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoListaxe de equipos seleccionados para a segunda fase do programa InnovaTech FP 2023/24
Publícase a listaxe de equipos que pasan a segunda fase do programa InnovaTech FP 2023/24
Tema:
Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoResolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro...
Xúntase a Resolución do 22 de febreiro de 2024 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.
O persoal interesado, que figura nos anexos da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 23 de febreiro ata o 7 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
Anuncio principal:
Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023Tema:
OposiciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 590Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 592Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesiona (598) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 598Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)
Xúntase a Resolución do 19 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoAxudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024
Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 19.02.2024
Código do procedemento: ED481B
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG ( ata o 19/03/2024 )
Cal é o obxecto destas axudas?
A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright.
Novidades desta convocatoria:
-
A duración global da axuda pasa a ser dun máximo de 6 anos. Dita duración divídese en dúas fases:
-
1ª fase (máximo de 3 anos): destinada á adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor.
-
2ª fase (máximo de 3 anos): destinada a darlle continuidade á carreira investigadora.
-
Quen pode solicitar estas axudas?
-
A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).
-
A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda:
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
-
Intensidade da axuda: 100 %
-
Duración das axudas: un máximo de 6 anos (dividido en dúas fases)
-
Orzamento total: 14.966.500,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 2.746.500,00 euros )
Número e importe das axudas
Poderanse conceder ata 49 axudas, coa seguinte distribución:
-
40 para as universidades do SUG, das cales 10 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.
-
9 para as demais entidades, das cales 2 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.
Os importes destas axudas son os seguintes:
-
1ª fase:
-
32.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais
-
Un complemento por cada mes de estadía de:
-
1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1)
-
1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2)
-
2.000 euros se o destino da estadía está en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3) (A maiores 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía nos EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.)
-
-
Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas.
-
Unha indemnización máxima de 3.160 € para cubrir a indemnización de final do contrato para aquelas persoas investigadoras que non superen a avaliación prevista ao terminar a primeira fase.
-
-
2ª fase:
-
38.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais
-
Unha axuda complementaria para establecer unha liña propia de investigación: 5.000 € no 2027; 10.000 € no 2028; 10.000 € no 2029; 5.000 € no 2030
-
Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.
-
Unha indemnización máxima de 7.000 € para cubrir a indemnización de final do contrato.
-
A onde acudir?
-
Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG):
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980 /881995157
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
-
Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
File:
Orde do 27 de decembro de 2023: Convocatoria (DOG) Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG) Modelo declaración doutoramento Modelo plan de estadías Modelo certificación GI Preguntas frecuentesTema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletín- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »