Skip to Content

Novas do centro

"Non hai que queimar libros para destruír unha cultura. Chega con conseguir que a xente deixe de lelos."

Ray Bradbury

O pasado xoves, Pablo Loira Ermida, de 1º bacharelato C, acudiu ao colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, ao acto de entrega dos Premios Minerva, nos que  conseguiu un accésit pola súa obra Tolemias do noso señor. Moitos parabéns e a seguir escribindo!

Noticia na Voz de Galicia

Están publicadas no taboleiro de anuncios da secretaría do centro, as listaxes de admitidos en ESO e Bacharelato para o curso 2024/2025.

O 19 de marzo comezou o prazo para solicitar bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para ensinanzas postobrigatorias.

Estudos para os que se pode solicitar:

Para aqueles alumnos que no curso 2024/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato.

  • Ciclos formativos de grao básico.

  • Formación Profesional de grao medio e grao superior.

  • Ensinanzas Deportivas.

  • Ensinanzas Artísticas profesionais e superiores.

  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.

  • Cursos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

  • Ensinanzas universitarias de grao ou máster.

Se aínda non se ten claro o que se vai a cursar no próximo curso, a solicitude entrégase coa opción mais probable.

Prazo:

Do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00.

Como solicitala bolsa:

  1. Entrar na Sede Electrónica. Todo o proceso de solicitude realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

  2. Rexistrarse.

Para rexistrarse necesítase un usuario e unha contrasinal:

  • Se xa se está rexistrado, pódese seguir usando esa conta.

  • Se nunca se estivo rexistrado, hai que pinchar en “Regístrese” e seguir os pasos para crear a conta.

Para acceder ás solicitude da bolsa, pódese usar un dos seguintes métodos:

  • Con Cl@ve ou certificado electrónico.

  • Mediante o usuario e contrasinal cos que se rexistrou na sede electrónica.

Ante calquera dúbida pódese chamar os teléfonos habilitados de bolsas: 910 837 937 ou 986 80 59 55.

Cuantía das bolsas:

Cantidade fixa e cantidade variable para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios.

Cantidade fixa e cantidade variable para estudos universitarios de grao e máster.

Requisitos:

Obrigas:

O alumnado está obrigado a destinar a bolsa á finalidade para a que se concede.

Entenderase que non cumpre este requisito cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

  • Haber causado baixa de feito no centro durante o curso.

  • Non haber asistido a unha porcentaxe mínima de horas lectivas, salvo dispensa de escolarización (80% das clases en estudos postobrigatorios).

  • Non haber superado o 50% das asignaturas ou créditos nois que se está matriculado, na convocatoria ordinaria nin na extraordinarias (40% na rama de ensinanzas técnicas e científicas).

  • Obrigas de estudos non universitarios.

  • Obrigas de estudos universitarios.

Nestes supostos, o alumnado deberá reintegrar o importe da beca percibida.

Distribuir contido


by Dr. Radut