Skip to Content

Novas do centro

Defensa dos proxectos do bacharelato STEM na Universidade de Vigo. Moitos parabens Julio, Marcos, Hector, Aitor, Iria, Sara, Antía, Giovanna e Paula. E moitas grazas por representar así ó noso centro.

Foi admitido todo o alumnado que fixo a solicitude para a ESO e BACHARELATO para o vindeiro curso 2022/2023.
A listaxe provisional de admitidos pode consultarse no taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado empregando, neste caso, a Chave365 ou certificado dixital.
Contra esta listaxe pode interpoñerse reclamación na secretaría do centro do 29 de marzo ata o 4 de abril.

O próximo xoves 10 de marzo, ás 16:30 h, teremos unha xornada de portas abertas para aquelas familias que non puideran estar na xornada anterior.

Solicitude de admisión. Prazo: do 1 ao 21 de marzo. A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro elixido en primeiro lugar dentro das súas preferencias ou de forma electrónica a través da aplicación AdmisionAlumnado.

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.
  • Certificación oficial do expediente académico do centro de orixe.
  • En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Importante: no caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dous proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuída exclusivamente a un deles.

Calendario do proceso de admisión.

Prazas vacantes curso 2022/2023.

Baremo escolarización.

Normativa e manuais para as familias.

Impreso solicitude admisión. SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).

Impreso solicitude admisión (PDF).

Distribuir contido


by Dr. Radut