Skip to Content

Orientación

Versión para impresora

 DATAS PARA A MATRÍCULA:

– Primeira convocatoria: Do 8 ó 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
– Segunda convocatoria: Do 1 ó 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sin que teñan que presentar nova documentación

DATAS DOS EXAMES:

- Primeira convocatoria: 21 de maio de 2021

- Segunda convocatoria: 10 de setembro de 2021

HORARIOS DOS EXAMES:  En sesión de mañá e tarde

REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

INSCRICIÓN NA PROBA:
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel en algúns dos centros educativos.

PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:

As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

MATERIAS DA PROBA:
Proba de ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de:

   Matemáticas

   Bioloxía e Xeoloxía

   Física e Química

   Tecnoloxía

   Aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. 

 Proba de ámbito social, que inclúe exercicios das materias de:

   Xeografía e Historia

   Economía

   Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial

   Aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música. 

 Proba de ámbito da comunicación, que comprenderá os exercicios de: 

a) Lingua Galega e Literatura.

   Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

   Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

   Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.

   Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés). 

 RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

 

   Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2021.

   Enlace coa información disponible na web da Consellería de Educación. 

 

Comezamos a formación do noso equipo de mediadoras e mediadores. Ángel e Jennifer buscan acercarnos ó mundo da convivencia a través de técnicas e dinámicas relacionadas con habilidades tan esenciais como a escoita activa ou a asertividade. En canto remate a formación, agardamos que o noso alumnado estea totalmente capacitado para axudar na resolución pacífica dos posibles conflitos do día a día que poidan xurdir no centro.

“La médiation rétablit des relations”

“mediation brings about reconciliation”

 

 

 

OFERTA FP 2015/2016

 

Oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—,

Oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia

Oferta de programas formativos de formación profesional básica

enlace: www.edu.xunta.es/fp

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 17 de xuño ata o 2 de xullo ás 13.00 horas.

FP DUAL:

Prazo de solicitudes: Do 17 ao 26 de xuño as 13.00 horas.
Provincia de Pontevedra (OFERTA):
CIFP Carlos
Oroza SHOT01:Xestión de aloxamentos turísticos  Arlea Hotels, S.L.U. Vigo 
CIFP Manuel Antonio MTCP01Confección e
moda.Sociedad Textil Lonia, S.A.
Máis información www.edu.xunta.es/fpdual

 

 

LISTAXES DE CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS NAS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO 2015

 

Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 15 ao 17 de xuño. O modelo de reclamación está dispoñible no enlace www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio

A Universidade da Coruña publicará proximamente, na súa páxina web http://www.udc.gal/ a "CONVOCATORIA DE AXUDAS DE CARÁCTER XERAL DO PLAN PROPIO DA UDC, DESTINADAS AO ALOXAMENTO DO ESTUDANTADO PARA O CURSO 2015/2016" cunha ligazón para poder facer a soli

 

a Universidade da Coruña publicará proximamente, na súa páxina web http://www.udc.gal/ a "CONVOCATORIA DE AXUDAS DE CARÁCTER XERAL DO PLAN PROPIO DA UDC, DESTINADAS AO ALOXAMENTO DO ESTUDANTADO PARA O CURSO 2015/2016" cunha ligazón para poder facer a solicitude.
Poderá ser beneficiario/a desta axuda:
 
- O estudantado que estea matriculado para o curso 2015/16 na UDC en estudos conducentes á obtención dun título oficial de Grao ou Mestrado universitario oficial, ofertados pola UDC.
- O estudantado que curse estudos en réxime presencial e de matrícula a tempo completo.
O Importe máx desta axuda será de 540€ por persoa.
O prazo de presentación comeza o día seguinte á publicación da convocatoria até as 14 h do día 24 de xullo de 2015.
Quedan excluídos destas axudas o estudantado que curse estudos no Campus de Ferrol, xa que poden solicitar praza na residencia pública de Ferrol.
Esta axuda tamén é incompatible coa concesión da contía fixa ligada á residencia da Convocatoria de Bolsas do MECD, así como con calquera outra axuda ou bolsa da mesma finalidade.
 
Requisitos académicos para solicitantes de nova admisión:
- Cualificación igual ou superior a 5 nas PAU excluíndo a fase específica.
- Nota media igual ou superior a 5 nos estudos que dean acceso á Universidade (sen PAU)
 
Requisitos académicos para o resto do estudantado:
- En estudos de ensino técnico: media de 3,5
- Nos restantes estudos universitarios e superiores: media de 4
 

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

 O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

Concurso eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 27 de maio de 2015)

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2014-2015 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

 

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    • Asesoramento técnico do IGAPE.
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  • Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    • Asesoramento técnico do IGAPE.
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

 

Como participar

Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria co código de procedemento ED523A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es 

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado ED523A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As solicitudes deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Subdirección Xeral de Formación Profesional, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela. 

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). 

 
Información e contacto

Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:
Asesoría de emprendemento.
eduemprende@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 64

 

Distribuir contido


by Dr. Radut