Skip to Content

seguinte información sobre o procedemento de admisión, tal como se establece na Orde, pode consultarse no taboleiro da Secretaría do Centro e na aplicación AdmisionAlumnado.

  • NormativaO procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos establécese na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Prazo de presentación das solicitudes de reserva de prazado 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 para o alumnado que finaliza etapa nun centro ou colexio adscrito e pasa a outro, tendo que presentar a solicitude de reserva de praza, que se pode facer:

    • a través da aplicación informática AdmisiónAlumnado

    • a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia.

    • ou ben cubrindo o impreso de solicitude presentándoo físicamente e en prazo na Secretaría do Centro.

    • O alumnado que xa está no IES Johan Carballeira non ten que solicitar reserva de praza cada ano.

 

  • Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.

  • Postos escolares ofertados en cada nivel e etapa: (pendente)

  • Prazo de presentación das solicitudes de admisión: para o resto do alumnado, do 1 ao 20 de marzo.

     

    INFORMACIÓN A COÑECER PREVIAMENTE:

  • O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.

  • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.

  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.

  • En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.

  • Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:

  • Cubrindo directamente o impreso de solicitude de admisión ou creándoo a través da aplicación AdmisiónAlumnado, a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, débese:

    • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo escollido en primeiro lugar.

    • Ou ben, se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

  • Xunto coa solicitude debe entregarse tamén:

    • Copia do DNI, NIE ou pasaporte da alumna/o que solicite praza.

    • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

    • En caso de separación dos pais: sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

  • E, de ser o caso, debe acompañarse de:

    • Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.

    • Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.

    • Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais

    • Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.

    • Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.

    • Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.

    • Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.

    • Resolución da sentencia de separación.

  • Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados: 10 días hábiles a partir do 21 de marzo.
  • Baremo escolarización.
  • Data de publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido: as listaxes serán publicadas no taboleiro da Secretaría do centro, podendo consultarse tamén a información a través de Chave 365.

    • Listaxe provisional25 de abril.

    • Prazo para formular reclamación: nos cinco días hábiles seguintes.

    • Listaxe definitiva15 de maio.

    • Segundo o artigo 36 da Orde, contra a listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Prazo para formalizar a matrícula: para todo o alumnado, do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023.

O martes 30 de xaneiro de 16:00 a 17:00 no salón de actos do IES Johan Carballeira, xornada de portas abertas para familias: acollida 1º ESO para o curso 2024-2025.

Publicada o 8 de xaneiro a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Orde do 21 de decembro de 2023.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Datas de realización:

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).

Calendario das probas de acceso 2024

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut