Skip to Content

Orientación

II XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

OS DÍAS 7, 8 E 9 DE MARZO DE 2012 TERÁN LUGAR AS
II XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL.

O LUGAR DA CELEBRACIÓN SERÁ O AUDITORIO DE CANGAS

O HORARIO É DE 9:30 h. ata as 13:15 h.
Os destinatarios son os alumnos/as de 4º ESO e 1º e 2º bacharel.
Tamén están convidados os familiares, profesionais educación, alumnado de 2º curso do ciclos superiores, e todo aquel que esté interesado na orientación.
Orientador do IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU)

BLOG DE ORIENTACIÓN

Entendemos a Orientación Educativa e Profesional coma os apoios que, de forma sistemática e organizada, recibe a comunidade educativa durante o proceso educativo de todos os alumnos dende o seu inicio na escolarización ata que finalice os estudios non universitarios.

COMPOSIÓN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES JOHAN CARBALLEIRA

XEFE DO DEPARTAMENTO FRANCISCO JAVIER PIÑEIRO VILA
ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO MALENA
ÁMBITO SOCIO- LINGÜÍSTICO ANGÉLICA
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL ANA
PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA Mª CONCEPCIÓN VARELA NIETO

 

FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

a) Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación dos alumnos, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

b) Elaborar, de acordo coas directrices establecidas por la CCP, as propostas do plan de orientación académica e profesional e do plan de acción titorial.

c) Participar na elaboración, seguimento, e avaliación do PEC e do PCC, incidindo nos criterios de carácter pedagóxico e organizativo para a atención de ACNEE e nos principios de AVALIACIÓN FORMATIVA e na adecuación de CRITERIOS DE PROMOCIÓN.

d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe.

e) Participar na avaliación psicopedagóxica e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

f) Facilitarlle ao alumnado o apoio e asesoramento necesario para adquirir habilidades básicas de vida e afrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como son: ingreso no centro, cambio de ciclo ou etapa, elección de optativas, transición á vida profesional, e á resolución de conflitos de relación interpersoal.

g) Informar o alumnado dos recursos laborais e profesionais ao seu alcance e propoñer a realización de actividades de orientación que lle faciliten a toma de decisións sobre o seu futuro.

h) Cooperar cos membros do EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECIFICO, no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de orientación.

i) Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a: hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupo.

j) Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos, especialmente nos relativo a: motivación, construción de autoconcepto e de autoestima, e no proceso de toma de decisións.

k) Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións.

 

BASES LEGAIS:

  •  D. 120/1998 de 23 abril polo que se regula a orientación educativa e profesional en Galicia.
  •  O. 24 de xullo de 1998 polo que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional de Galicia.

 

RESOLUCIÓN DE 22 DE ABRIL DE 2011 OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO MAIORES DE 18 ANOS

PARÁMETROS DE PONDERACIÓNS DAS MATERIAS DA FASE ESPECÍFICA, MAIO 2011

 

PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE, MATRÍCULA

 

CALENDARIO ESCOLAR 2011-2012

 

TITORIA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut