Skip to Content

Orientación

PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: ERASMUS+”YOUTH IN ACTION” Acción 1.1. Chemist shop of employment

Intercambio con 15+2 gregos con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 9 días no Youth Hostel “Aloxa” na cidade de Pontevedra.

 

O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 4 titores, dous de Grecia e dous de Galicia.

  • Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.

  • Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.

  • Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor

 

Datas: do 14 ao 23 de febreiro de 2013

 

Lugar: Youth Hostal “Aloxa” na r/ Gorgullón , Pontevedra.

 

Destinatarios/as: mozos e mozas de 18 a 30 anos.

 

Prazas: 15

 

Duración: 9 días.

 

Gastos participación: 30 € (inclúe 9 días de aloxamento + pensión completa)

 

Solicitudes ata o 18 de xaneiro 2015.

Envia o formulario de partipante que atoparás en: www.galiciagolearning.org

 

Información : tel. 652 80 90 80

 

 
--
Concellaría de Xuventude
Casa Azul, r/Sor Lucia 2-3º
36002 Pontevedra
tel. 986 84 03 67/fax 986 84 61 45
http://xuventude.pontevedra.eu

CONVOCATORIA PARA FAMILIAS DE 1º E 2º ESO: CONVOCATORIA DE PROA (ANO ESCOLAR 2014/2015)

O mércores día 26 de novembro, ás 18:30 horas, haberá unha reunión informativa, destinada ás familias de alumnado de 1º e 2º ESO para tratar a convocatoria do PROA a desenvolver neste ano escolar.

Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA): modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

Na convocatoria para o curso 2014/15 permanecerá unha das dúas modalidades do anterior programa: acompañamento escolar (fóra do horario lectivo), dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria e ao alumnado de toda a ESO, e nela daráselles unha maior relevancia ás accións dirixidas á mellora da aprendizaxe do alumnado en desvantaxe socioeducativa.

Descrición da actuación

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Destinatarios

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria ou de toda a educación secundaria obrigatoria que presente dificultades e problemas de aprendizaxe ou que estea en desvantaxe educativa por causa do contorno sociocultural en que se desenvolve.

Obxectivo: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar deste alumnado mediante:

·         o fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas competencias básicas (CMCT e CCL)

·         a adquisición de técnicas de traballo intelectual.

·         a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.

·         alento ao estudo a través de dinámicas de traballo eficaces.

·         incremento do hábito lector.

·         a mellora da súa integración social, no grupo e no centro.

OBRA DE TEATRO: O SEGREDO DE UXÍA

Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, os vindeiros luns 24 e martes 25 de novembro terá lugar unha representación teatral , organizada dende o Cim de Bueu . Xoré Teatro presentará en dous pases diarios,  no salón de actos do IES Johan Carballeira  “O Segredo de Uxía”, coa participación de Rebeca Oliveira e Ana Domínguez e guión e dirección de Ramón Torrente García. Participarán nestes pases o alumnado dos diferentes centros do concello. Invitamos ás AMPAS ao pase  das 19:15 horas ,do día 24 de novembro .

O alumnado de adultos do IES Johan Carballeira, asistirá ao pase  das 19:15 horas do día 24 e o alumnado da ESO, ao pase das 10:00 horas do día 25 de novembro.

 

Agardámosvos alí!!

Onte, venres,  rematou o curso de MEDIACIÓN ESCOLAR no noso instituto (IES JOHAN CARBALLEIRA). Despois de moitos venres, un pequeno grupo de alumnos/as do centro chegou a acadar o título de mediador; xa temos mediadores! Seguro que para o próximo curso, cunhas duas ou tres sesións prácticas, podemos empezar a traballar na convivencia.

QUE É A MEDIACIÓN ESCOLAR?

 A Mediación escolar  é unha oportunidade que se brinda ás persoas cun conflito para sentar xuntas cunha ou dúas persoas neutrais, un ou dous membros do Equipo de Mediación, para falar do seu problema e intentar chegar a un acordo duna forma positiva, pacífica e construtiva. 
É un proceso voluntario, confidencial e en ningún caso ameazante.
QUEN LEVA A CABO A MEDIACIÓN? 
Os membros do Equipo de Mediación. Está constituído por  alumnos previamente formados. Eles serán os que guíen o proceso e axuden a chegar a un acordo, co obxectivo final de seren os propios alumnos os que desenvolvan por enteiro o proceso. 
CALES SON AS FUNCIÓNS DO EQUIPO DE MEDIACIÓN? 
  • Fomentar a comunicación entre as persoas afectadas por un conflito. 
  • Axudar ao esclarecemento do conflito a través do diálogo respectuoso. 
  • Promover a búsqueda de acordos que satisfaga a ambas partes. Regular o proceso de comunicación sen impoñer solución. 
EN QUE SITUACIÓNS SE LEVA A CABO A MEDIACIÓN? 
  • Cando se detecte calquera conflito e as persoas implicadas, VOLUNTARIAMENTE, acepten a intervención do Equipo de Mediación: discusións entre alumnos/as, insultos e ameazas, amizades que se deterioran, situacións desagradables, etc. 
  • Cando a dirección do centro, ou algún profesor derive un caso de conflito a Mediación, sempre e cando as partes estean de acordo en participar.
    EQUIPO DE MEDIACIÓN ESCOLAR
    Enhoraboa aos novos mediadores escolares e moitas grazas por participar.
Distribuir contido


by Dr. Radut