Skip to Content

Novas do centro

O 6 de xuño ás 20:00 h publicaranse en AbalarMovil as notas de:

  • Avaliación final ordinaria de 1º Bacharelato (diúrno e nocturno).

O 8 de xuño publicaranse en AbalarMovil as notas de:

  • 3ª Avaliación parcial da ESO.
  • Avaliación final de 1º FP. Básica.
  • 3ª avaliación 1º de Ciclos Medios.
  • Avaliación ordinaria ESA.

As notas de 1º de Bacharelato tamén se entregarán en papel.

O 27 de xuño publicaranse en AbalarMovil e entregaranse en papel as notas de:

  • Avaliación final da ESO.
  • Avaliación final extraordinaria de 1º Bacharelato (diúrno e nocturno).
  • Avaliación final extraordinaria de 2º Bacharelato (diúrno e nocturno).
  • Avaliación final ESA.
  • Avaliación final extraordinaria de 1º FP. Básica.
  • Avaliación final de 2º FP. Básica.
  • Avaliación final Ciclos Medios.
  • Avaliación final Ciclos Superiores.

Como todas e todos sabedes, o nome escollido para a balea, por votación popular, foi Udra. Aquí temos o diagrama de votación:

Por outra banda, xa temos feito o reconto da recadación do I Festival Art for change. Entre todos e todas conseguimos reunir 2.362,58 €, que xa foron doados a Pallasos sen fronteiras e a BDRI.

 IMPORTANTE: PASAR POR SECRETARÍA ANTES DE PROCEDER AO PAGO DAS TAXAS

Pago de taxas de expedición de títulos académicos (PDF)

No PDF anterior explicanse 4 formas de proceder ao pago das taxas. Coa opción 1, 2 e 4 hai que ir en persoa a unha entidade bancaria para proceder ao pago e despois entregar o xustificante na Secretaría do centro; coa opción 3 o pago realizase de maneira telemática pero tamén hai que entregar xustificante na Secretaría do centro.

Para facer o pago telemático (opción 3) empregaranse os seguintes códigos:

CÓDIGOS:

Consellería  - 07

Delegación – 13

Servizo -03

Taxas- 302003

No cadro “Obxecto de pago” porase “Expedición título (Bachiller, Técnico ou Técnico Superior segundo corresponda)”

 

Distribuir contido


by Dr. Radut