NOVO HORARIO DOS CICLOS DE COMERCIO CURSO 2023-2024

O CICLO MEDIO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS e o CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN DE VENDAS desenvolverase neste curso 2023 - 2024 nun novo horario de XORNADA CONTINUADA:

Luns       De 8:45 a 16:25
Martes, mércores, xoves e venres       De 8:45 a 15:15

Curso de capacitación dixital gratuito

FORMACIÓN EN COMPETENCIA DIXITAL DO 11 DE SETEMBRO AO 9 DE NOVEMBRO. DOUS GRUPOS (GRUPO I: martes e mércores de 17 a 19 horas. GRUPO II: martes e xoves de 17 a 19 horas).

 

 

PROBAS LIBRES. CONVOCATORIA SETEMBRO 2023

Nesta LIGAZÓN así como no documento que se xunta pódense consultar as instrucións para a celebración das probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria que terán lugar o 1 de setembro no IES Indalecio Pérez Tizón.

CALENDARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO E 1º FP BÁSICA. CURSO 2022-2023

Xúntanse calendarios coas datas e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de

- 1º DE BACHARELATO (preme sobre o curso para acceder a información)

- 1º DE FP BÁSICA (preme sobre o curso para acceder a información).

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

PRAZOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

NO CURSO  2023 - 2024

ESO - BACHARELATO - FP BÁSICA - CICLOS FORMATIVOS

 

IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

 

Preme nesta ligazón ou  no documento que se xunta para coñecer os prazos e a documentación que necesitas para matricularte o vindeiro curso.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2022-2023

O 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril. O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

No documento que se xunta tedes un resumo da convocatoria.

Podedes tamén  acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

ENQUISA SOBRE A BIBLIOTECA

Xa está disponible a enquisa para avaliar o funcionamento da Biblioteca Aloia. Accede á Biblioteca a través da pestana dos Departamentos ou preme nesta ligazón.

CALENDARIO DE EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º DE BACHARELATO. CURSO 2022-2023

Xúntase calendario coas datas e horas dos exames da convocatoria extraordinaria do curso 2022-2023 para 2º de bacharelato. Podedes visualizalo tamén premendo nesta LIGAZÓN

Distribuir contido