Orientación
Iñaki Zubizarreta, un supervivinte do acoso escolar
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 06/03/2021 - 11:07Iñaki Zubizarreta, ex-xugador de baloncesto, conta neste vídeo a súa terrible experiencia na escola, relatando como pensou incluso no suicidio polo maltrato constante ao que foi sometido polos seus compañeiros/as e profesores/as. Non vos perdades a súa testemuña e a lección que cabe extraer dela: hai que loitar contra o acoso escolar, do que son responsables os que o cometen e os que o permiten:
Elaboración da pócima "Convivamus"
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 05/12/2021 - 12:10O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.
![]() |
![]() |
Charla sobre orientación universitaria
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 05/11/2021 - 11:36O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.
Día contra a Violencia de Xénero: No es normal
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 11/17/2020 - 12:11Recomendamos esta interesante curtametraxe, chamada "No es normal", para o alumnado de 1º e 2º da ESO.
Videos para a reflexión: 25 de Novembro
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 11/17/2020 - 12:03Alumnado de 2º ESO en adiante: mirade estes videos e reflexionade neste día tan sinalado:
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 10/26/2020 - 12:43DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CURSO 2021-2022
PROFESOR/A | HORA DE ATENCIÓN A PAIS | CORREO ELECTRÓNICO |
MANUELA ÁLVAREZ XEFA DE DEPARTAMENTO |
VENRES, 8:45 a 9:35 | orientate.vigo@gmail.com |
SORAYA FERREIRA ÁLVAREZ | MÉRCORES, 9:35 a 10:25 | sorayaferreiraalvarez@edu.xunta.es |
Información sobre o PMAR
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 09/30/2020 - 12:58A orientadora do IES da Sardiñeira publicou esta estupenda presentación con toda a información do PMAR, o Programa de Mellora da Aprendizaxe e Rendmento financiado polo Fondo Social Europeo:
Orientacións e itinerarios de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 05/19/2020 - 19:39O departamento de Orientación creou estes tres documentos para informar ao alumnado dos diferentes itinerarios a partir de 3º ESO. Consultade toda a información antes de facer a prematrícula do vindeiro curso:
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 3º ESO |
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO |
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 1º BACHARELATO |
ORIENTACIÓN ACADÉMICA ESA |
