Latín

Programación Didáctica de Cultura clásica de 3º de ESO

No arquivo anexo que acompaña esta publicación poderá consultarse a Programación Didáctica da materia Cultura clásica de 3º de ESO para o presente curso académico. Se algún membro da comunidade educativa ten algunha dúbida ou consulta en relación cos aspectos recollidos nela, poderá facerlla chegar ó xefe do Departamento de Latín, Óscar Pedrido López, a través do teléfono do instituto (886110749) ou do correo electrónico oscar.pedrido@yahoo.es.

Modificación da Programación Didáctica da materia: a finais do ano pasado aprobouse a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modificou a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aprobaba o calendario escolar para o curso 2022-2023. O disposto na citada Orde obriga a facer algunhas lixeiras modificacións na Programación Didáctica da materia Cultura clásica de 3º de ESO, as cales se poden consultar no arquivo "Anexo - Modificación da Programación Didáctica" que acompaña esta publicación.

Programación Didáctica de Cultura clásica de 3º de ESO para alumnos de 4º de ESO coa materia pendente

No arquivo que se achega como anexo a esta publicación xúntase a versión adaptada da Programación Didáctica da materia Cultura clásica de 3º de ESO do curso 2021-2022, na que se recollen os elementos curriculares que se tomarán como referencia para avaliar os alumnos matriculados en 4º de ESO coa materia Cultura clásica de 3º de ESO pendente de superar. Eses elementos curriculares son os seguintes: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables cos seus graos mínimos de consecución, contribucións á adquisición das competencias clave e criterios de corrección de exercicios e probas. Os alumnos e as súas familias xa recibiron no seu momento outra información máis específica sobre o procedemento de recuperación da materia.

Modificación do Plan de reforzo para alumnado de 4º de ESO coa materia Cultura clásica de 3º de ESO pendente de superar: a finais do ano pasado aprobouse a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modificou a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aprobaba o calendario escolar para o curso 2022-2023. O disposto na citada Orde obriga a facer algunhas lixeiras modificacións no Plan de reforzo para alumnado de 4º de ESO coa materia Cultura clásica de 3º de ESO pendente de superar, as cales se poden consultar no arquivo "Anexo - Modificación do Plan de reforzo" que acompaña esta publicación.

 

Óscar Pedrido López

Xefe do Departamento de Latín e Grego

Programación Didáctica de Latín I para alumnos coa materia pendente

No arquivo que se achega como anexo a esta publicación xúntase a versión adaptada da Programación Didáctica da materia Latín I do curso 2021-2022, na que se recollen os elementos curriculares que se tomarán como referencia para avaliar os alumnos matriculados en Latín II (2º de bacharelato) que deben superar a materia Latín I (1º de bacharelato) por cambio de modalidade. Eses elementos curriculares son os seguintes: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables cos seus graos mínimos de consecución, contribucións á adquisición das competencias clave e criterios de corrección de exercicios e probas. Os alumnos e as súas familias xa recibiron no seu momento outra información máis específica sobre o procedemento de recuperación da materia.

 

Óscar Pedrido López

Xefe do Departamento de Latín e Grego

Departamento de Latín e Grego

 

DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO

CURSO 2022-2023

 

PROFESOR/A HORA DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS CORREO ELECTRÓNICO

ÓSCAR PEDRIDO LÓPEZ

XEFE DE DEPARTAMENTO

 VENRES, DE 10:45 A 11:35 oscar.pedrido@yahoo.es
FERNANDO A. PÉREZ LOZAO  MARTES, DE 9:35 A 10:25 latinda4ab@gmail.com

Programación Didáctica 2022-2023

No arquivo anexo que acompaña esta publicación poderá consultarse a Programación Didáctica do Departamento de Latín e Grego para o presente curso académico (materias: Latín de 4º de ESO, Latín II e Grego II). Se algún membro da comunidade educativa ten algunha dúbida ou consulta en relación cos aspectos recollidos nela, poderá facerlla chegar ó xefe do Departamento de Latín, Óscar Pedrido López, a través do teléfono do instituto (886110749) ou do correo electrónico oscar.pedrido@yahoo.es.

Addenda á Programación Didáctica do Departamento: ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modificou a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aprobaba o calendario escolar para o curso 2022-2023, modifícase a Programación Didáctica do Departamento de Latín, máis en concreto, a programación da materia Latín de 4º de ESO, para o presente curso académico. As modificacións realizadas pódense consultar no arquivo "Anexo - Addenda á Programación Didáctica do Departamento".

Distribuir contido