Bioloxía e Xeoloxía
Programación de Bioloxía e Xeoloxía
Enviado por anonimo o Lun, 11/21/2022 - 22:59PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
CURSO 2022-2023
CURSO | PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA |
2º e 4º ESO. 2º BAC |
Saída o río Delque
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/13/2022 - 11:54O alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu o pasado 12 de maio ao río Delque como actividade do Proxecto Ríos. Entre outras cousas, analizaron as súas augas e estudaron a súa botánica e zooloxía, como se ve nestas imaxes:
Semana Internacional da Compostaxe
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/06/2022 - 10:29O 5 de maio de 2022 o noso alumnado de 3º ESO PMAR participou na Xornada de Divulgación da Compostaxe organizada polo concello de Tui:
Para máis información, preme na seguinte ligazón: INFOMIÑO
Día Internacional da Muller na Ciencia
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 02/10/2022 - 14:10O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato do noso centro preparou unha estupenda exposición para conmemorar o Día Internacional da Muller na Ciencia, este ano adicado no noso centro ás meigas. Os nosos alumnos/as mostran nesta exposición as propiedades das plantas (curativas e velenosas), o papel da muller nestes primeiros anos de descubrimentos medicinais e consecuencias que para elas tiveron.
Non vos perdades esta interesantísima exposición. Convidámosvos a que a visitedes na biblioteca e no taboleiro de biblioteca na entrada do centro.
Imaxes da saída ao río Delque
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 06/08/2021 - 11:50Pinchando na imaxe que vén a continuación poderedes ver as fotografías e vídeos realizados o 7 de xuño durante a saída que o alumnado de 3º PMAR disfrutou ao río Delque:
Taller de montaxe de microscopios
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 12/16/2020 - 13:45O pasado 14 de decembro o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a un taller de montaxe de microscopios. O obradoiro resultou moi interesante, e, dende o centro (alumnado, dirección e xefa do departamento de bioloxía e xeoloxía) queremos agradecer ao relator a súa boa disposición para atender aos nosos alumnos e alumnas.
Información sobre as materias optativas ofertadas polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/15/2020 - 09:44O departamento de Bioloxía e Xeoloxía ofrece tres materias optativas: Cultura Científica (para 4º ESO e 1º Bacharelato) e Anatomía Aplicada para 1º Bacharelato. Se desexades saber algo máis destas materias (para quen están destinadas, os seus contidos, obxectivos...), consultade os enlaces que figuran a continuación onde atoparedes toda a información que precisedes:
CULTURA CIENTÍFICA PARA 4º ESO |
CULTURA CIENTÍFICA PARA 1º BACHARELATO |
ANATOMÍA APLICADA PARA 1º BACHARELATO |
Exposición micolóxica
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 11/14/2019 - 11:11Dende hai dúas semanas o noso centro expón unha interesantísima colección de cogumelos e setas no pavillón B. Se aínda non fostes ver esta exposición aínda estades a tempo.
![]() |
![]() |
![]() |
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 10/01/2019 - 12:43DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
CURSO 2021-2022
PROFESOR/A | HORA DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS | CORREO ELECTRÓNICO |
MIRIAM BURGOS XEFA DE DEPARTAMENTO |
XOVES, DE 12:45 A 13:35 | miriambioloxia@gmail.com |
DANEL REY GONZÁLEZ | MÉRCORES, DE 10:45 A 11:35 | danel@edu.xunta.gal |
JOSÉ ANTONIO CID | XOVES, DE 9:35 A 10:25 | cidrivas@edu.xunta.es |
