Lingua galega

Programación de Lingua Galega e Literatura

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

CURSO 2022-2023

CURSO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
2º e 4º ESO. 2º BAC

Programación didáctica Cursos LOMCE

Adenda á Programación didáctica

 

 

 

Premios do V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega

Ás veces o noso alumnado non deixa de sorprendernos: Óscar, de 2º Bacharelato A, foi finalista no V Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega. 

A nosa máis sinceira noraboa!!: V Concurso de Microrrelatos

Visita de Tino Baz

O pasado 18 de maio tivemos a sorte de contar de novo con Tino Baz, quen, para conmemorar as letras galegas, cantou e recitou a Rosalía de Castro. Velaquí tedes as imaxes do evento (lembrade pinchar a fotografía para ver o álbum de imaxes):

Imaxes e audio do intercambio entre o Indalecio e Vila Real

Como xa sabedes, este ano o profesorado de portugués do Departamento de Lingua Galega e Literatura desenvolveu un intercambio entre o noso alumnado e o Colégio Camilo Castelo Branco de Vila Real. Premede na imaxe que vén a continuación para ver as imaxes do evento: 

FOTOGRAFÍAS DO INTERCAMBIO

 A través desta outra ligazón poderedes escoitar a explicación desta actividade na radio:

O INTERCAMBIO CON VILA REAL NA RADIO

 

Imaxes do intercambio co alumnado de Lisboa 21-22

Premede na imaxe que tedes a continuación para ver as fotos do intercambio co alumnado de Lisboa:

Visita a Rianxo e Vilanova de Arousa

O pasado 20 de abril o noso alumnado de 4º ESO foi a Rianxo e Vilanova de Arousa. Entre outras cousas, fixeron a rota dos escritores rianxeiros e visitaron a casa-museo de Valle Inclán. Pódense ver as fotos do evento pinchando na imaxe que figura a continuación:

Fotos do obradoiro de xoguetes tradicionais

Pincha o cartel da actividade para ver as fotografías do obradoiro de xoguetes tradicionais organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura:

Saída aos muíños de Tripes: alumnado de 1º FP Básica

O pasado martes 16 de novembro o noso alumnado de 1º FP Básica realizou a ruta dos muíños do Tripes. Pinchade na seguinte ligazón para ver as espectaculares imaxes da contorna de Tui:

FOTOS MUÍÑOS DE TRIPES

 

 

Libros de lectura obrigatoria 2021-2022. Departamento de Galego

Coma todos os anos, o departamento de Lingua Galega e Literatura dá a escoller tres libros destas listaxes ao seu alumnado como libro obrigatorio trimestral. Pinchando nas ligazóns, pódense consultar estas listaxes:

1º e 2º ESO

 

3º e 4º ESO

 

BACHARELATO

 

Libro de texto de portugués para 3º ESO

Comunícase ás familias e ao alumnado de 3º ESO matriculado en portugués que o libro de texto que establece o departamento de Lingua Galega e Literatura é o que segue:

NA ONDA DO PORTUGUÉS 2 

Ed. Lidel

ISBN: 978-972-757-811-5

 

 

Distribuir contido