Extraescolares e complementarias

II XORNADAS EDUCATIVAS - ANPAS DE TUI

A EXPERIENCIA NO PROGRAMA PIALE

Recentemente Jesús Rodriguez Gregores, o noso compañeiro de inglés expúxonos a súa experiencia no programa PIALE para a mellora da competencia lingüística e comunicativa do profesorado de linguas extranxeiras e seccións bilingües. Relatounos a súa estancia na Fisher Park Public School/Summit Alternative School de Ottawa( Canadá) insistindo nas diferencias do seu sistema educativo e nas estratexias de aprendizaxe que observou e mesmo puido poñer en práctica. Reflexións interesantísimas sobre alternativas de aprendizaxe, camiños para o futuro e fórmulas diferentes coas que abordar o noso traballo. Gracias Suso.

CERTAME SABORES DO MUNDO 2022

CLICA NA IMAXE PARA CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO 

 

 

 

ANOTÁDEVOS!

Picnic de Fernando Arrabal

O último día lectivo deste curso académico o alumnado do centro de 3º e 4º ESO animáronse a representar Picnic de Fernando Arrabal, unha obra do teatro do absurdo que, mediante diálogos e situacións aparentemente incoherentes, denúnciase o absurdo da guerra.

Aquí vos deixamos o vídeo da representación. Esperamos que os gustara:

 

Representación teatral: Picnic de Fernando Arrabal

Tuiteatro, compañía teatral do IES Indalecio Pérez Tizón formada este ano polo alumnado de 4º ESO B, quere lembrarnos a todos/as que as guerras son un sinsentido. Por iso invita ao alumnado da ESO á unha representación de Picnic de Fernando Arrabal que terá lugar o 22 de xuño de 2022 no ximnasio do centro. 

Cartel elaborado por Nines Velázquez, xefa do departamento de Educación Plástica e Audiovisual do IES Indalecio Pérez Tizón

Charla - coloquio co concello de Tui

Este luns, 20 de xuño de 2022, o concello de Tui impartirá unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a Axenda Urbana:

AXENDA URBANA DE TUI

Visita de Tino Baz

O pasado 18 de maio tivemos a sorte de contar de novo con Tino Baz, quen, para conmemorar as letras galegas, cantou e recitou a Rosalía de Castro. Velaquí tedes as imaxes do evento (lembrade pinchar a fotografía para ver o álbum de imaxes):

Saída o río Delque

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu o pasado 12 de maio ao río Delque como actividade do Proxecto Ríos. Entre outras cousas, analizaron as súas augas e estudaron a súa botánica e zooloxía, como se ve nestas imaxes:

 

FOTOGRAFÍAS DA SAÍDA AO RÍO DELQUE

4º ESO. CURSO 21-22

Distribuir contido