Novas ENDL, revista Intuilequia, último número, números anteriores, Blog carpediemtui

CONCURSO REINVENTANDO A ROSALÍA DE CASTRO

 

 

 

Clica na imaxe para consultar as bases


Enquisa ENDL

O equipo de normalización e dinamización lingüística do IES Indalecio Pérez Tizón propón unha última actividade: participar nestas enquisas  para valorar o traballo deste ano e ser así aínda mellores para o seguinte. Animádevos a cubrilas!! Tedes ata o 20 de xuño de prazo. 

Visita de Tino Baz

O pasado 18 de maio tivemos a sorte de contar de novo con Tino Baz, quen, para conmemorar as letras galegas, cantou e recitou a Rosalía de Castro. Velaquí tedes as imaxes do evento (lembrade pinchar a fotografía para ver o álbum de imaxes):

Fotos do obradoiro de xoguetes tradicionais

Pincha o cartel da actividade para ver as fotografías do obradoiro de xoguetes tradicionais organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura:

Actividades Biblioteca: Mes do libro

A ligazón que figura a continuación conduce á información das actividades propostas polo noso equipo de Biblioteca para festexar este mes do libro:

Homenaxe a María Soliño

Co galo do día internacional da muller, e como parte do traballo da caza de bruxas que estamos a traballar este ano no centro, o noso alumnado de ESO, 1º Bacharelato e Ciclos Formativos acudiu á Área Panorámica para ver a película María Solinha, na que se conta a biografía desta muller canguesa. Ademais, ao rematar a sesión de cine, os nosos alumnos/as tiveron a posibilidade de debater e entrevistar ao mesmo director do film. Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Tui, e particularmente, da concelleira de Igualdade. Todos nós queremos agradecer a boa disposición e cooperación da concelleira por facilitar e organizar esta actividade.

MARÍA SOLINHA

Entroido 2022

Velaquí tedes as fotos do festexo do Entroido deste ano:

FOTOS ENTROIDO 2022

O Meco xa chegou ao Indalecio!!

O Meco xa chegou ao Indalecio!! Achégate pola zona de conserxería e mira a ver que manda traer o Meco para este luns:

 

Festexa o Entroido!!

O noso centro quere volver a festexar o Entroido co seu alumnado, pero para iso tedes que participar. Lede as bases do Entroido deste ano, e lembrade, se non hai unha participación mínima non podemos celebrar este evento tradicional. Así que, animádevos!!

Día de Rosalía

Para festexar o día de Rosalía de Castro, o equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización e Dinamización Linüística convíndanvos a participar nestes novos concursos. Animádevos a participar!!

Distribuir contido