Picnic de Fernando Arrabal
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 06/24/2022 - 08:51O último día lectivo deste curso académico o alumnado do centro de 3º e 4º ESO animáronse a representar Picnic de Fernando Arrabal, unha obra do teatro do absurdo que, mediante diálogos e situacións aparentemente incoherentes, denúnciase o absurdo da guerra.
Aquí vos deixamos o vídeo da representación. Esperamos que os gustara:
Representación teatral: Picnic de Fernando Arrabal
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 06/20/2022 - 09:54Tuiteatro, compañía teatral do IES Indalecio Pérez Tizón formada este ano polo alumnado de 4º ESO B, quere lembrarnos a todos/as que as guerras son un sinsentido. Por iso invita ao alumnado da ESO á unha representación de Picnic de Fernando Arrabal que terá lugar o 22 de xuño de 2022 no ximnasio do centro.
Cartel elaborado por Nines Velázquez, xefa do departamento de Educación Plástica e Audiovisual do IES Indalecio Pérez Tizón
Charla - coloquio co concello de Tui
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 06/20/2022 - 09:42Este luns, 20 de xuño de 2022, o concello de Tui impartirá unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a Axenda Urbana:
Oferta de Formación Profesional para o curso 22-23
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 06/15/2022 - 10:18A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar na súa páxina web a oferta de formación profesional para o curso 22-23. Poden consultar a información dende esta páxina, no apartado Formación Profesional ou nesta ligazón:
Calendario fin de curso
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 06/13/2022 - 12:04Publícanse os calendarios de final deste curso 21-22:
CALENDARIO DE FIN DE CURSO 21-22 |
CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 22-23 |
Apertura do prazo de admisión a ciclos formativos. Curso 22-23
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 06/13/2022 - 10:27A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou na páxina web o calendario de admisión a ciclos formativos para o curso 22-23 e os anexos pertinentes. Pódese consultar o calendario e a información en:
CALENDARIO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS |
OUTRAS INFORMACIÓNS |
Convocatoria dos premios extraordinarios da ESO
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 06/10/2022 - 10:14Na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está publicada a convocatoria para obter os premios extraordinarios da ESO, Bacharelato e Formación Profesional para o curso 21-22. Consulten as bases da convocatoria nas seguintes ligazóns:
Poden consultar os distintos anuncios sobre premios para o alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos en: PREMIOSEDU
Cualificacións definitivas das probas libres para a obtención do título da ESO
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 06/10/2022 - 10:06Xa están publicadas as cualificacións definitivas das probas libres para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Poden consultar as cualificacións no taboleiro de anuncios do IES Indalecio Pérez Tizón ou na aplicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Enquisa ENDL
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 06/09/2022 - 13:37Premios do V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 06/06/2022 - 09:57Ás veces o noso alumnado non deixa de sorprendernos: Óscar, de 2º Bacharelato A, foi finalista no V Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega.
A nosa máis sinceira noraboa!!: V Concurso de Microrrelatos
