Novidades
Información: FP Básica de carpintería e moble
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 06/25/2021 - 11:28Se vas cursar unha FP Básica e aínda non te decantas por ningunha, o IES Salvaterra de Miño ofrece o seguinte tríptico informativo sobre a FP Básica de Carpintería e Moble que se imparte no seu centro:
TRÍPTICO INFORMATIVO FP BÁSICA CARPINTERÍA E MOBLE |
Iñaki Zubizarreta, un supervivinte do acoso escolar
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 06/03/2021 - 11:07Iñaki Zubizarreta, ex-xugador de baloncesto, conta neste vídeo a súa terrible experiencia na escola, relatando como pensou incluso no suicidio polo maltrato constante ao que foi sometido polos seus compañeiros/as e profesores/as. Non vos perdades a súa testemuña e a lección que cabe extraer dela: hai que loitar contra o acoso escolar, do que son responsables os que o cometen e os que o permiten:
Elaboración da pócima "Convivamus"
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 05/12/2021 - 12:10O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.
![]() |
![]() |
Charla sobre orientación universitaria
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 05/11/2021 - 11:36O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.
Cambio de datas nas probas libres de ciclos formativos
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 04/29/2021 - 09:52Informamos de cambios de datas no calendario de probas libres que aumentan o tempo de matrícula para as persoas adxudicadas tendo en conta a coincidencia con festivos. A data final de matrícula para as persoas adxudicadas remata o día 19 de maio ás 13:00h e o comezo da adxudicación continuada e da liberación de prazas será o día 21 de maio ás 9:00h.
Aproveitamos a ocasión para indicarlles a forma de incluír o motivo de exclusión nas solicitudes no que o documento do título é incorrecto:
Unha vez validada a solicitude polo centro, debese ir polo apartado 3.1. Ao buscar por DNI, "Ver historial", seleccionar a pestana "Proba libre" hai que premer en "Ver solicitude". Debaixo do Acceso seleccionado hai un apartado para marcar un recadro de "O documento do título é incorrecto" que abre un despregue con diferentes opcións. Deberase seleccionar a máis adecuada de todas as existentes para que saia na listaxe o motivo de exclusión.
Lembren verificar por esta vía que todas as solicitudes que non cumpren o requisito de acceso están co motivo de exclusión perfectamente seleccionado.
CALENDARIO PROBAS LIBRES DE CICLOS FORMATIVOS |
Actividade interactiva para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 04/27/2021 - 14:00Novo contido na páxina web: "Saúde Xove"
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 04/22/2021 - 10:40Infórmase a toda a comunidade escolar de que se habilitou nesta web unha ligazón nova, Saúde Xove, no sector destinado a orientación. Este link conduce a unha páxina creada pola Asociación de Pediatría que contén diversas informacións que atinxen á saúde de adolescentes (sexualidade, alimentación, exercicio, ocio e tempo libre...), todos eles contidos moi interesantes e veraces que poden ser consultados de forma libre e gratuita. Esperamos que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa.
Taller da Cruz Vermella: Adicións "con e sen substancias"
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 04/13/2021 - 10:57Cancións contra a violencia de xénero
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 03/05/2021 - 12:34Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:
CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Sabores do mundo 2020
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 12/21/2020 - 10:05Como sabedes, este ano Sabores do mundo tívose que facer de xeito virtual. A continuación, móstranse algúns dos traballos presentados a concurso:
1º ESO D
