Comercio

DATA E HORA PARA A DEFENSA DO PROXECTO DO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO

DEFENSA PROXECTO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO 

 

DATA

Xoves 15 de xuño de 2023

HORA

 08:45 am

PROXECTO

CICLO SUPERIOR XESTIÓN VENDAS

Convocatoria e criterios de selección Erasmus +

Convocatoria de mobilidades ERAMUS+. EUROPA NEXT STATION 2019-21

 

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas de FCT nun país europeo, ao abeiro do proxecto EUROPA NEXT STATION 2019-21

Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que estea en condición de facer as prácticas de FCT no período ordinario de marzo a xuño de 2022.

Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude, unha carta de motivación e o seu CV ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

O prazo de presentación de solicitudes será do día 13 ao 17 de xaneiro, ambos incluídos.

Para calquera dúbida tamén podedes escribir ao correo erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

 

Criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia

A continuación, detállanse os criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+, de acordo coa convocatoria Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no proxecto NEXT STATION 2019-21

 REQUISITOS

1. Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta resolución o alumnado e o persoal que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A selección do alumnado para participar nunha mobilidade obedecerá a estes criterios:

1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media obtida polo/a estudante no primeiro curso do ciclo formativo.

- Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.

- Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.

- Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.

2. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, no caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 4 puntos).

A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

a) Nota media do/a alumno/a no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo estea incluído no currículo do ciclo.

b) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

c) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.

d) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos).

O comité de selección considerará para este criterio a valoración das actitudes e comportamento do alumnado, tendo en conta as opinións e a información dada por aqueles que ensinen ao estudante en particular, dando máis puntos a aqueles alumnos/as considerados/as baixo este criterio máis adecuados para formar parte destas mobilidades.

4. Outros.

No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:

4.1 Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.

4.2 Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+.

 

 

 

Convocatoria de tres mobilidades PRACTICUM DEPO 2020

Convocatoria de tres prazas Erasmus+ PRACTICUM DEPO 2020 para alumnado de CM

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2020.

1.      

Número de prazas:

Ofértanse tres mobilidades de longa duración.

2.      

Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que titule neste instituto ao longo do ano 2021.

3.      

Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude, unha carta de motivación e o seu CV ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

O prazo de presentación de solicitudes será do día 14 ao 20 de outubro, ambos incluídos.

Para calquera dúbida tamén podedes escribir ao correo erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

Calendario de exames finais dos Ciclos de Comercio

Achégase o calendario de exames finais dos Ciclos Formativos de Comercio. Prémase na ligazón que figura a continuación para consultalo:

CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE COMERCIO

 

Programación FCT

PROGRAMACIÓN FCT

CURSO 2020-2021

Calendario de recuperacións de 2º Ciclo Medio de Comercio

Na ligazón que se mostra a continuación poden consultar o calendario de probas de recuperación do 2º Ciclo Medio de Comercio (Actividades Comerciais):

CALENDARIO DE RECUPERACIÓNS: 2º CMC

Calendario de recuperacións para 1º Ciclo Medio de Comercio

Achégase o calendario de recuperacións para o primeiro ciclo medio de comercio (Actividades Comerciais). Poden consultar as datas na seguinte ligazón:

CALENDARIO DE RECUPERACIÓNS DE 1º CMC

 

 

Calendario de exames de recuperación de segundo de ciclo medio de comercio

Na seguinte ligazón poden consultar o calendario de exames de recuperación de 2º Ciclo Medio de Comercio:

CALENDARIO DE EXAMES

Distribuir contido