ANPA
XORNADAS DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS E DOCENTES. NUTRICIÓN E DIETÉTICA
Enviado por anonimo o Lun, 03/13/2023 - 11:41
*Acceso libre ata completar aforo
COLABORACIÓN DA ANPA CONCORDIA CO MERCADO DE SEGUNDA MAN DE ASANOG
Enviado por anonimo o Lun, 11/21/2022 - 12:34Charlas formativas sobre educación
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 04/27/2022 - 10:39As ANPA de Tui convidan a familias e docentes do IES Indalecio Pérez Tizón a participar nestas sesións formativas sobre tres temas distintos relacionados coa educación: saúde mental na adolescencia, técnicas de estudo e deberes e o enfoque restaurativo na disciplina educativa. No cartel que figura a continuación móstrase o lugar, día e horario de realización destas xornadas educativas.
Aviso da ANPA
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 10/11/2021 - 12:02Estimadas familias:
A directiva desta ANPA rematou o seu mandato no curso 2019-2020, e durante o inicio de curso 2020-2021 celebrouse unha reunión para elexir unha nova directiva. Nesta reunión non se presentou ninguén e decidiuse esperar para ver se alguén se animaba.
Rematado o curso, e non habendo ningún candidato, convocámosvos a unha reunión que se celebrará o día 18 de outubro, ás 18:15 horas en primeira convocatoria, e ás 18:45 horas en segunda convocatoria, no salón de actos do instituto, co único punto do día:
- Elección da nova directiva ou disolución da ANPA.
Un saúdo.
ANPA CONCORDIA.
Comunicado ANPA
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 10/20/2020 - 18:43Nesta entrada achégase un comunicado da ANPA Concordia dirixida a todos os pais e nais con fillos/as estudantes no IES Indalecio Pérez Tizón:
COMUNICADO ANPA CONCORDIA |
Convocatoria reunión ANPA Concordia
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 10/09/2020 - 13:15Estimados pais e nais:
Dende a ANPA Concordia queremos darvos a benvida ao novo curso escolar. Asimesmo, comunicámosvos a reunión que terá lugar o vindeiro luns 19 de outubro ás 19:30 no salón de Usos Múltiples, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Presentación das contas do curso 2019-2020.
- Elección da nova directiva.
- Rogos e preguntas.
Tamén desexamos animarvos a todos a facervos socios e traballar polo instituto onde estudan os nosos fillos. Para ser socio, hai que abonar unha cota de 6 euros por familia. Pódese pagar o mesmo día da reunión (media hora antes do comezo) ou facelo mediante a conta de ABANCA (número 2080 5066 71 30400 13393). Se o facedes polo banco, tedes que facernos chegar os seguintes datos:
- Nome e curso do alumno/a.
- Nome dos pais/nais/titores/as legais do alumno/a, cos respectivos DNI.
- Número de teléfono para contactar con vós en caso de ser necesario.
O noso enderezo electrónico é: anpaconcordia@gmail.com
Impresos de formalización de matrícula 2020-2021
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 06/24/2020 - 13:28Recoméndase imprimir o arquivo/s correspondente/s e cubrir os impresos a man con bolígrafo azul.
IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR GRATUÍTO PARA ALUMNADO DE ESO
- Todo o alumnado de ESO do centro pode solicitar transporte escolar, pero non é gratuíto para os alumnos/as de centros non adscritos.
- O impreso é un documento en PDF non editable, polo que hai que imprimilo e cubrilo a man.
- O alumnado maior de 16 anos que non cursa a ESO (FP Básica, Bacharelato, Ciclos Formativos) poderán solicitar o transporte escolar gratuíto no mes de setembro, unha vez iniciado o curso académico 2020-2021.
TRANSPORTE ESCOLAR |
IMPRESOS DE MATRÍCULA ESO
1º ESO | 2º ESO | 3º ESO | 3º ESO PMAR | 4º ESO |
IMPRESOS DE MATRÍCULA BACHARELATO
1º BACHARELATO CIENTÍFICO TECNOLÓXICO | 1º BACHARELATO CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES |
2º BACHARELATO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO | 2º BACHARELATO CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES |
CONSULTEN NA SEGUINTE LIGAZÓN O CALENDARIO DE MATRÍCULA: CALENDARIO DE MATRICULACIÓN
Aviso para familias que non dispoñen na casa nin de ordenador nin de impresora
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 03/23/2020 - 11:39A todas aquelas familias que non dispoñen nin de ordenador nin de impresora na casa, recomendámoslles que fagan uso do teléfono móbil: o alumnado pode descargar as tarefas nas súas terminais, e facer os exercicios nas súas libretas. Unha vez rematado o exercicio, poden facer unha foto delas e envialas aos correos electrónicos facilitados polo profesorado.
