Admisión alumnado

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NA ESO E BACHARELATOPARA O CURSO 2023-2024

Prazos previstos na orde do 21/10/2022 respecto da tramitación dos procedementos de admisión e matrícula de alumnado

PROCEDEMENTO

DATA

Solicitude de reserva de praza para o alumnado procedente de centros adscritos. A solicitude realizarase no centro adscrito (é dicir, no centro no que se está matriculado no curso actual)

 

Do 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro

Publicación da listaxe do alumnado con reserva

22 de febreiro

Publicación de vacantes

Antes do 1 de marzo

Formalización e presentación da solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

Publicación da listaxe provisional de admitidas/os

25 de abril

Prazo de reclamación contra a resolución provisional de admisión

5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidas/os

Publicación da listaxe definitiva de admitidas/os

15 de maio

Formalización da matrícula na ESO e no Bacharelato

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

Lembrade que os centros adscritos ao IES Indalecio son: Ceip de Caldelas, Ceip plurilingüe de Guillarei, Ceip de Rebordáns.

Máis información na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

Calendario admisión a ciclos formativos

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de remitir aos centros educativos información sobre os prazos de admisión a ciclos formativos en réxime ordinario, que pode consultarse nas seguintes ligazóns. En breve, esta mesma información será publicada na páxina web de FP.

CRONOGRAMA ADMISIÓN CENTROS 21-22
PRAZOS ADMISIÓN 21-22

 

 

Cambio de datas nas probas libres de ciclos formativos

Informamos de cambios de datas no calendario de probas libres que aumentan o tempo de matrícula para as persoas adxudicadas tendo en conta a coincidencia con festivos. A data final de matrícula para as persoas adxudicadas remata o día 19 de maio ás 13:00h e o comezo da adxudicación continuada e da liberación de prazas será o día 21 de maio ás 9:00h.

Aproveitamos a ocasión para indicarlles a forma de incluír o motivo de exclusión nas solicitudes no que o documento do título é incorrecto:

Unha vez validada a solicitude polo centro, debese ir polo apartado 3.1. Ao buscar por DNI, "Ver historial", seleccionar a pestana "Proba libre" hai que premer en "Ver solicitude". Debaixo do Acceso seleccionado hai un apartado para marcar un recadro de "O documento do título é incorrecto" que abre un despregue con diferentes opcións. Deberase seleccionar a máis adecuada de todas as existentes para que saia na listaxe o motivo de exclusión.

Lembren verificar por esta vía que todas as solicitudes que non cumpren o requisito de acceso están co motivo de exclusión perfectamente seleccionado.

CALENDARIO PROBAS LIBRES DE CICLOS FORMATIVOS

Publicación da listaxe do alumnado de 1º ESO e 1º Bacharelato para o curso 2021-2022

Comunícase a toda a comunidade educativa que xa están publicadas as listaxes do alumnado admitido en 1º ESO e 1º Bacharelato para o curso 2021-2022. Esta listaxe pode consultarse por medio da CHAVE 365 ou ben no taboleiro de anuncios de "Secretaría" que se atopa dentro das instalacións do IES Indalecio Pérez Tizón.

Vacantes para o curso 2021-2022

A ligazón que se presenta a continuación mostra o número de prazas vacantes para o curso académico 2021-2022.

VACANTES 21- 22

Apertura do prazo do proceso de admisión

Hoxe, 11 de xaneiro de 2021, ábrese o proceso de admisión de alumnado para o curso 21-22. Preman nos seguintes enlaces para máis información:

PROCESO DE ADMISIÓN 21-22
ANEXO I
ANEXO I BIS

Admisión de alumnado de FP Básica

Infórmase ao alumnado que solicitou praza na FP Básica I para este curso académico que foi admitido. Os solicitantes deben vir ao centro para formalizar a matrícula.

Aviso importante: apertura do centro para o procedemento de admisión de alumnado non adscrito

A partir do martes 12 de maio ata o 18 de maio o IES Indalecio Pérez Tizón reabrirá as súas portas para as familias que queiran solicitar praza para o curso académico 2020-2021. O horario de atención ao público é de 10:30 a 13:00.  Lembrámoslles que tamén poden facer a solicitude por via telemática (dende o luns 11 de maio ata o 18 de maio), a través da aplicación Admisión alumnado da Xunta de Galicia.

Para calquera dúbida, pódense poñer en contacto co centro a través do seu correo electrónico (ies.indaleciopereztizon@edu.xunta.es), do teléfono 886110749 ou a través deste teléfono móbil: 644958995

Distribuir contido