Informacións e actividades

Bonos de viaxe

 

Se tes 18 anos e resides legalmente nun dos países da Unión Europea ou nun dos países asociados a Erasmus+ estás de noraboa!
Podes solicitar os bonos de viaxe para poder coñecer Europa que ofrece o portal DiscoverEU.
Tes ata o día 21 de abril ás 12:00 h.

Anuncio da resolución provisional coas solicitudes obtención beca Erasmus+

Xa está publicada no taboleiro do centro a resolución provisional coas solicitudes recibidas para participar no programa Erasmus+ para a realización da FCT no estranxeiro.

Charla informativa: Erasmus +

Erasmus days

Convocatoria de tres mobilidades PRACTICUM DEPO 2020

Convocatoria de tres prazas Erasmus+ PRACTICUM DEPO 2020 para alumnado de CM

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2020.

1.      

Número de prazas:

Ofértanse tres mobilidades de longa duración.

2.      

Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que titule neste instituto ao longo do ano 2021.

3.      

Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude, unha carta de motivación e o seu CV ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

O prazo de presentación de solicitudes será do día 14 ao 20 de outubro, ambos incluídos.

Para calquera dúbida tamén podedes escribir ao correo erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

Convocatoria Erasmus

Convocatorias de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia

Ábrese a convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia para alumnado e profesorado interesado na realización de prácticas nun país europeo.Estas prazas son para alumnado matriculado neste momento no 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais ou 2º curso de Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas.

Convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ para alumnado

1. Número de prazas

- Por determinar

2. Presentación de solicitudes

As persoas solicitantes presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo, enviándoa ó enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu acompañada dunha carta de presentación e motivación.

O prazo de presentación de solicitudes será do día 27 ao 2 de febreiro.

SE DESEXAS IMPRIMIR A INFORMACIÓN PREME AQUÍ.

SOLICITUDE MOBILIDADE

 

Convocatoria de dúas prazas de Erasmus+ DEPO 2020

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2020.

  1. Número de prazas:

Ofértanse dúas mobilidades

  1. Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que titule neste instituto no ano 2020

  1. Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude e unha carta de motivación ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu
O prazo de presentación de solicitudes será do día 20 ao 30 de novembro.

 

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

 

 

 

 

 

Suspensión de viaxes pedagóxicas

Debido á pandemia de coronavirus, todas as viaxes pedagóxicas, incluidas as do Erasmus+ quedan suspendidas:

- A viaxe a Andorra.

- A viaxe a Extremadura.

- O Erasmus+, previsto para Italia.

Máis adiante, daremos máis información ao respecto.

Relación de candidatos Erasmus+ e data de selección

O xoves 06/02 de 2020, ás 16:30 horas, procederase á selección de canditatos/as para participar nas mobilidades Erasmus+ deste curso académico.

A relación de candidatos/as é a que segue:

ALUMNADO

  • Sana Ghaufri Bauchichan
  • Jaqueline Iglesias Gómez
  • Julián Morgado Fernández
  • Omar Ghanim El Hariri
  • Laura Barros Romero
  • Raúl Román das Dores

PROFESORADO

  • Raquel Pereira Pereira

Requisitos e criterios de selección para participar nunha mobilidade Erasmus+ do Proxecto PRACTICUM DEPO 2019

REQUISITOS

Para poder participar na mobilidade, o alumnado debe cumprir os requisitos establecidos para os Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Proxecto Practicum Depo 2019, que se detallan a continuación:

1. Ser persoa recentemente titulada de ciclo medio de formación profesional de calquera centro educativo que sexa socio do PROXECTO PRACTICUM DEPO 2019, durante o ano ao que finalicen os seus estudos, sempre que sexan seleccionadas durante o último curso académico da súa formación.

2. A persoa recentemente titulada debe iniciar e finalizar a mobilidade durante os 12 meses posteriores á data da súa titulación (data da sinatura das actas de avaliación), residir no noso país e ser maior de 18 anos.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE PERSOAS CANDIDATAS A REALIZAR A MOBILIDADE

A selección atenderá a procedementos equitativos, transparentes e igualitarios, segundo se establece na Guía do Programa Erasmus+, entre aquel alumnado solicitante que cumpra os requisitos para poder participar na mobilidade.

Será seleccionado para participar na mobilidade por parte de noso centro educativo o alumnado que obteña unha maior puntuación no baremo de méritos establecido polo Proxecto. O baremo de méritos está establecido en base aos seguintes criterios de selección:

1. Adecuación do título e do perfil (30%)

2. Nivel de coñecemento do idioma requirido (20%)

3. Expediente académico (20%)

4. Méritos (10%)

5. Entrevista persoal (20%)

Non se procederá á valoración de méritos das persoas que non cumpran os requisitos para poder participar na mobilidade.

Non se poderá seleccionar para participar na mobilidade a máis persoas ca prazas asignadas para cada mobilidade a este centro educativo, pero si que se poderá propor lista de alumnado suplente.

PROBAS DE SELECCIÓN 

Dacordo cos criterios anteriormente expostos, e en referencia á entrevista persoal, esta se realizará de xeito individual a cada persoa admitida na participación da actividade. Esta entrevista persoal versará sobre os intereses e motivacións para participar na mobilidade e o coñecemento de idiomas sobre a lingua de traballo no país de destino.

Cando o candidato non poida acreditar o coñecemento da lingua de traballo no país de destino, se procederá á realización dunha proba de coñecemento dese idioma.

 

Distribuir contido