CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Publicado o calendario coas datas dos exames  das materias pendentes da ESO, do Bacharelato e de FP Básica.

 

PUBLICADAS AS INSTRUCIÓNS PARA A RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º DE BACHARELATO

Prema nesta LIGAZÓN para consultar a Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa. Podes tamén consultar esta información na pestana de Documentos para o alumnado desta mesta páxina web.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO, 1º FPB, 1º BAC E 1º CICLO MEDIO

O vindeiro venres, 8 de setembro, haberá unha reunión de acollida e informativa para as familias do alumnado novo no centro, nas seguintes quendas:

CURSO HORA LUGAR

1º ESO

1º FPB

12:00

SALÓN DE ACTOS DO

IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

 


1º BAC

1º CICLO MEDIO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS

1º CICLO MEDIO DE ELECTRICIDADE

13:00

 

Benvidos ao noso centro.

O equipo directivo

COMEZO DAS CLASES CURSO 2023- 2024

O luns 11 de setembro darán comezo as clases do curso escolar 2023 - 2024 para todos os grupos e niveis. Podedes consultar os horarios de entradas e saídas NESTA LIGAZÓN.

A primeira hora da xornada lectiva do día 11 cada profesor/a titor/a fará chamamento do alumnado do seu grupo, para acompañalos á súa aula de referencia e facilitarlles o horario.

O transporte escolar funcionará no seu horario habitual.

NOVO HORARIO DOS CICLOS DE COMERCIO CURSO 2023-2024

O CICLO MEDIO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS e o CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN DE VENDAS desenvolverase neste curso 2023 - 2024 nun novo horario de XORNADA CONTINUADA:

Luns       De 8:45 a 16:25
Martes, mércores, xoves e venres       De 8:45 a 15:15

Curso de capacitación dixital gratuito

FORMACIÓN EN COMPETENCIA DIXITAL DO 11 DE SETEMBRO AO 9 DE NOVEMBRO. DOUS GRUPOS (GRUPO I: martes e mércores de 17 a 19 horas. GRUPO II: martes e xoves de 17 a 19 horas).

 

 

PROBAS LIBRES. CONVOCATORIA SETEMBRO 2023

Nesta LIGAZÓN así como no documento que se xunta pódense consultar as instrucións para a celebración das probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria que terán lugar o 1 de setembro no IES Indalecio Pérez Tizón.

CALENDARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO E 1º FP BÁSICA. CURSO 2022-2023

Xúntanse calendarios coas datas e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de

- 1º DE BACHARELATO (preme sobre o curso para acceder a información)

- 1º DE FP BÁSICA (preme sobre o curso para acceder a información).

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

PRAZOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

NO CURSO  2023 - 2024

ESO - BACHARELATO - FP BÁSICA - CICLOS FORMATIVOS

 

IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

 

Preme nesta ligazón ou  no documento que se xunta para coñecer os prazos e a documentación que necesitas para matricularte o vindeiro curso.

Distribuir contido